Lugo, 28 de maio de 2018. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o escritor Xosé A. Perozo, mantiveron este luns un encontro con alumnos do CEIP Anexa de Lugo que participan na campaña escolar Aprendendo Igualdade. Trátase da iniciativa do Goberno da Deputación dirixida a máis de 10.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria da provincia para que teñan elementos eficaces cos que aprender igualdade nas aulas. Os rapaces traballarán ao longo desta semana co libro “Vanesa non quere ser princesa”, escrita polo xornalista e escritor lucense, e desenvolverán diferentes actividades de pintura, música, matemáticas ou manualidades, entre outras. Este proxecto do organismo provincial está concibido para fomentar entre o alumnado actitudes favorables á educación e á convivencia en igualdade entre nenas e nenos.
López Izquierdo subliñou que “dende o Executivo da Deputación ofrecemos por primeira vez esta iniciativa escolar co obxectivo de achegar aos alumnos e profesores da provincia ferramentas coas que poidan traballar nas aulas conceptos e ideas que melloren a igualdade. Esta campaña está enmarcada na aposta decidida do Goberno da Deputación de eliminar vellos estereotipos e fomentar nos nenos e nenas a idea de que a elección dun traballo, dunha carreira e dun compromiso coa sociedade nos fai máis libres. Por iso, é fundamental que dende a infancia aprendan que as profesións non teñen sexo: non hai traballos diferentes para homes e mulleres. As administracións públicas temos a obriga de traballar para que as nenas decidan e sexan de maiores o que queiran ser. Por iso, dende o Goberno da Deputación seguiremos co noso empeño e determinación de facer isto realidade”.
A Deputada de Promoción Económica e Social destacou a extraordinaria acollida que tivo este proxecto “pois son 72 centros públicos de Educación Infantil e Primaria da provincia os inscritos na campaña Aprendendo Igualdade da Deputación. Todo un éxito”.
Libros de textos gratuítos para os centros
O Executivo Provincial editou o libro “Vanesa non quere ser princesa” que conta unha historia de ficción adecuada aos cursos de educación infantil e primaria. Nesta primeira edición o libro, escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Jaime Asensi, conta a historia de Vanesa, unha nena que decide por si mesma o seu futuro profesional. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do Profesorado que achega pautas para optimizar o emprego do libro que recibirán todos e cada un dos escolares inscritos. Para chamar a atención nos propios centros escolares sobre o evento editouse o correspondente cartel.
Centros Escolares participantes
– CEIP Santa María, da Fonsagrada
– CEIP de Bretoña, da Pastoriza
– CEIP da Pobra do Brollón
– CEIP Plurilingüe da Pontenova
– CEIP do Castro de Ouro, de Alfoz
– CEIP de Antas de Ulla
– CEIP das Nogais
– CEIP de San Cosme, de Barreiros
– CEIP San Miguel de Reinante Barreiros
– CEIP San Xoán, de Becerreá
– CEIP Virxe do Corpiño, de Begonte
– CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda
– CEIP Virxe do Carme, de Burela
– CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei
– CEIP Veleiro-Docampo, de Castro de Rei
– CPI de Castroverde
– CPI de Cervantes
– CEIP de Cervo nº1
– CEIP Eloísa Rivadulla, de Chantada
– CEIP Xoán de Requeixo, de Chantada
– CPI Plurilingüe Virxe do Monte, de Cospeito
– CEIP de Foz nº1
– CEIP Fondo Nois, de Foz
– CEIP Plurilingüe de Lousada, de Guntín
– CEE Santa María, de Lugo
– CEIP A Ponte, de Lugo
– CEIP Albeiros, de Lugo
– CEIP Anexa, de Lugo
– CEIP As Gándaras, de Lugo
– CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, de Lugo
– CEIP Illa Verde, de Lugo
– CEIP Luís Pimentel, de Lugo
– CEIP Manuel Mallo Mallo, de Lugo
– CEIP Menéndez Pelayo, de Lugo
– CEIP Paradai, de Lugo
– CEIP Sagrado Corazón, de Lugo
– CEIP Poeta Avelino Díaz, de Meira
– CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, de Mondoñedo
– CEE Infanta Elena, de Monforte de Lemos
– CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
– CEIP Plurilingüe de Monterroso
– CPI de Navia de Suarna
– CEIP Plurilingüe do Corgo
– CEIP do Páramo
– CEIP de Currelos, de Saviñao
– CEIP do Vicedo
– CEIP de Palas de Rei
– CEIP Plurilingüe Monte Baliño, de Pantón
– CEIP Plurilingüe San Miguel, de Paradela
– CPI Uxío Novoneira, de Pedrafita do Cebreiro
– CEIP Rosalía de Castro, de Pol
– CEIP Plurilingüe Virxe da Luz, de Portomarín
– CEIP de Quiroga
– CEIP Otero Pedrayo, de Rábade
– CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo
– CEIP Plurilingüe de Riotorto
– CEIP de Samos
– EEI de Sarria
– CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, de Sober
– CPI San Tomé do Carballo, de Taboada
– CEIP Celso Currás, de Trabada
– CEIP Eduardo Cela Vila, de Triacastela
– EEI de Vilalba
– CEIP Antonio Insua Bermúdez, de Vilalba
– CEIP Manuel Mato Vizoso, de Vilalba
– CEIP Monseivane, de Vilalba
– CEIP Terra Chá, de Vilalba
– EEI San Roque, de Viveiro
– CEIP Plurilingüe de Covas, de Viveiro
– CEIP Plurinlingüe Santa Rita, de Viveiro
– CEP Luís Tobío, de Viveiro
– CEIP de Xermade
– CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



