Cervo, 28 de Maio de 2018.- O Pavillón da Veiga acolleu este pasado sábado a festa do voleibol da comarca de A Mariña co IV Torneo de Voleibol “Concello de Cervo”.
A cita foi todo un éxito coa presenza de case un centenar de deportistas comprendidos entre idade alevín e xuvenil.
Dende o Concello de Cervo valoran moi positivamente a celebración deste campionato posto que se trata dun deporte minoritario na nosa comunidade e tivo unha excelente acollida.
Alfonso Villares celebra o éxito do torneo “porque se trata dun deporte colectivo e é importante que os nenos desde pequenos entren nas dinámicas deportivas de grupo para poder absorber e adquirir todos os valores positivos que estes levan consigo. Para o Alcalde de Cervo “é moi importante o traballo e o esforzo dos monitores que fan posible que un deporte como o voleibol crezca como o está facendo no noso Concello, e facer especial mención a Samuel Donker, un dos principais artífices da efervescencia deste deporte a nivel municipal”.
Como indica o edil de deportes, Jose Ramón Soto, “é fundamental apoiar e colaborar cos deportes colectivos a estas idades dado o seu compoñente de socialización e os valores que estén lles transmiten aos rapaces. Nós dedicamos moitos esforzos a coidar iso, polo que seguiremos traballado no progreso e a mellora de deportes como o voleibol da man das persoas implicadas nos proxectos.
Segundo apuntou Villares “é importante seguir crecendo na liña que une o deporte coa mocidade, dotanto aos máis xóvenes de instrumentos e facilidades á hora de poder desempeñar calquera deporte que lles permita formarse tanto a nivel deportivo como social”.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
