Viveiro 16-5-18. Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 a cadea hostaleira Galipizza lanza un concurso no que premiará as 3 mellores frases recibidas a través das redes sociais. Galipizza pide que se lle dedique unha frase ben galega e se lle faiga chegar vía Facebook, Twitter ou Instagram ata o domingo 20 de maio.
Coas 3 frases que máis lles gusten decorarán unha parede do seu local na Praza de Galicia da Coruña ó que chamarán “Muro das Letras Galegas”. Ademais de aparecer mencionados xunto coas súas frases seleccionadas, os elexidos recibirán outros premios moi atractivos.
O primeiro premio consiste en 2 noites de aloxamento e almorzo para 2 persoas en “Casa do Batán”, un dos hoteis con encanto máis valorados de España, situado en Chavín (Viveiro). Ademáis o premiado terá 1 comida gratis para 2 persoas en “As Tixolas”, casa de xantar en Covas (Viveiro) e 1 cea gratis para 2 persoas en “Galipizza Covas” (Viveiro), o local onde comezou a historia da marca hai xa 25 anos.
O segundo e terceiro premios recibirán 1 comida ou cea gratis para 2 persoas en calquera local da cadea Galipizza, situados en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo ou A Coruña.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



