
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O cartel, autoría de Irma Loureiro, foi presentado nun acto na Catedral no que participaron os propios voluntarios das alfombras florais, xunto á alcaldesa e ao bispo de Mondoñedo, D. Luis Ángel de Las Heras. A artista Irma Loureiro tamén é a encargada de deseñar as plantillas dos debuxos que adornarán as rúas da nosa cidade, nun día no que a beleza de Mondoñedo se incrementa, coas flores dos balcóns, as bandeiras e o colorido das alfombras florais.
Este ano a temática das alfombras será unha homenaxe ás antigas cidades e vilas da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, que cada ano se turnan para realizar a Ofrenda á Patroa da Diocese, a Nosa Señora dos Remedios.
Novidades
Como novidades, este ano o Bispado, xunto ao Cabildo Catedralicio e a Confraría dos Remedios, costearon a elaboración dunhas novas e fermosas andas nas que irá o Santísimo Sacramento da Catedral de Mondoñedo, para procesionar xunto á patroa de Mondoñedo.
A Solemne Eucaristía de Corpus Christi terá lugar o domingo 3 de xuño ás 11 horas na catedral, presidida por monseñor De las Heras Berzal. Acto seguido, desenvolverase a procesión, cuxo acompañamento musical correrá, este año e como novidade, a cargo da agrupación da Confraría da Virxe da Amargura de Ferrol, con máis de 30 compoñentes.
Restricións de tráfico
Segundo informa o Concello o tráfico quedará restrinxido nas rúas do centro a partir das 18:00 horas, e non será posible o acceso ata o domingo pola tarde. As rúas afectadas por estes cortes serán: Praza da catedral, Alfonso VII, Lodeiro Piñeiroa, Frai Antonio de Guevara, Obispo Sarmiento, Leiras Pulpeiro, Pacheco, Lence Santar, Andres Baamonde e Progreso.
Dende o Concello pídese colaboración cidadá e respecto ao traballo que realizarán os preto de 30 voluntarios ao longo de toda a noite.
Tanto o Concello como a Diocese de Mondoñedo-Ferrol animan a participar na celebración dun dos actos máis vistosos e con máis tradición que ten a cidade.
Agradecementos
Os portavoces do grupo de alfombristas queren agradecer a todas as persoas implicadas en sacar adiante todo este traballo. Dun lado, ao Hospital de San Pablo, que axudaron moito nas últimas semanas, e teñen previsto a confección dunha alfombra floral propia, tal e como xa fixeran o ano pasado. Tamén agradecen o esforzo de todas as persoas que a título individual están axudando, nos momentos que poden, a cortar as ramas, as flores e a tinguir o sal. Agradecen tamén o papel das institucións implicadas, Bispado, Cabildo Catedralicio, Concello, Confraría dos Remedios, ou os negocios que colaboran e axudan dunha ou doutra maneira.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



