Viveiro 8-5-18. O Concello de Viveiro pechará a partir de mañá o parque Pernas Peón para proceder á corta dos pinos e eucaliptos que se atopan en mal estado, permanecendo pechado na súa totalidade mentres duren estes traballos.
Vaise comezar cortando talando os pinos secos que se atopan na parte de atrás do IES María Sarmiento; mentres se estea cortando nesta zona pecharase, puntualmente, o vial que se atopa entre o parque e o camping.
Cando se termine coa tala e retirada dos pinos, empezarase coa corta dos eucaliptos que se atopan fronte ao restaurante Paseo Marítimo. Debido ao seu tamaño, durante a execución destes traballos, pecharase o vial que entra ao parque na curva do IES María Sarmiento e parte da Avda. de Vilalba. Así mesmo, pecharase o vial que se atopa entre o campo de fútbol e o parque.
Os cortes ao tráfico nos viais referidos estarán debidamente sinalizados, podendo dirixirse á Policía Local para resolver calquera dúbida ao respecto. Dende o Concello pídense disculpas polas molestias que estes traballos poidan ocasionar.