Ribadeo, 8 de maio de 2018. A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso de Xixón, o 20 de maio. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 9 ao 16 de maio.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”.
E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos psicolóxicos insospeitados ou un cambio persoal positivo. Viaxar/moverte significa tamén descubrir novas parcelas dunha mesma”.
Na Concellaría de Igualdade sinalan que “por iso, organizamos ao longo do ano actividades de ocio exclusivamente dirixidas ás mulleres. Son medidas de intervención positiva para favorecer ese tempo propio na vida das mulleres. A talasoterapia é un método terapeútico natural e respectuoso co organismo humano, que consiste na utilización do medio mariño para relaxar corpo e mente”.
A viaxe terá lugar o 20 de maio pola tarde, saíndo ás 14.00 horas de Ribadeo e regresando arredor das 21.00 horas. As persoas que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 20 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo costea o autobús no que se desprazará a expedición. O prazo para inscribirse estará aberto do 9 ao 16 de maio. As mulleres interesadas poderán anotarse enviando un correo ao enderezo electrónico: cim@ribadeo.org ou chamando ao teléfono 982 120 808.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



