Ribadeo 14-5-18. O atleta ribadense Brais Díaz Salas participou este sábado 12 no Campión galego sub14 de clubs representando á Escuela Atlética lucense.
Brais participou en duas probas cuns resultados mellor dos esperados tendo en conta que é un atleta infantil de primeiro ano.
Na proba de lanzamento de peso, Brais acadou a 7ª posición de 16 particpantes, con 7.66, 7.15 e 7.75 m. nos respectivos lanzamentos. Con esto melloraría a sua mellor marca en 44 centímetros.
Pouco tempo máis tarde era o turno do lanzamento de martelo, a segunda vez que participaba nesta disciplina. Brais acadou a 8ª praza cuns lanzamentos de 18.67, 18.68 e 19.20 m. nos seus tres respectivos lanzamentos, superando en case 4 m. o seu mellor rexistro.
Con esto, Brais contribuiu con 19 puntos ó 5º posto do seu equipo sobre un total de 16 clubs participantes.
O campionato foi gañado po-lo Celta de Vigo, seguido de CA Millaraio de Santiago e o ADAS Proinor do Barco de Valdeorras.
Para o domingo 20 será o turno de Brais no Campionato provincial, onde está clasificado para os lanzamentos de peso, martelo e xavalina.
Po-la sua parte Aleix competirá este próximo xoves 17 de maio no Campionato Galego de relevos, que se celebra nas pistas de atletismo do campus universitario de Ourense.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
