Viveiro 9-5-18. Esta semana de maio Aspanane vive unhas xornadas moi deportivas. O pasado domingo participaron nun torneo de Futsal en Vigo.
Este pasado martes día 8 tiveron a visita dos compañeiros de Aspavi de Pazos de Borbén perante os que disputaron un partido de baloncesto no pavillón Municipal de Viveiro en sesión matinal, logo dun xantar conxunto no Centro de Día de Celeiro pola tarde retornaron ó pavillón para disputar un partido de Futsal
Este xoves terán unha xornada de Deportes Tradicionais no campo de Lavandeiras, mentres que o venres rematarán a semana deportiva cunha nova visita á cidade olívica para xogar un partido de futsal perante os compañeiros da Asociación San Francisco.
No partido de baloncesto, os 11 guerreiros mariñaos que participaron foron Eva – Begoña – Laura – Jose – Diego – Quiño – Iván – Miguel – Alberto – Onofre e Victor
No partido de futsal repitiron Quiño – Jose – Diego – Iván – Onofre – Víctor e a maiores participaron Luís – Fernando – David e Kiko
En ambos encontros foron dirixidos por Raquel Pernas e Simón Rodríguez
