Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018. Un asociado da Unión de Consumidores de Galicia foi dado de alta nunha tarxeta de crédito de Wizink Bank que nin solicitou nin autorizou. No seu día, cando lle chegou foi directamente ó banco a devolvela e solicitar a súa inmediata cancelación, polo que non fixo uso da mesma en ningún momento.
O problema chegou anos máis tarde cando lle cargaron na súa conta recibos correspondentes a esta tarxeta. Resultaba imposible que o noso asociado adebedase recibo algún en relación a esta tarxeta, malia todo Wizink cargoulle un recibo de 35€ e reclamáballe outro por un importe de 53,18€, motivo polo cal a entidade bloqueou a devandita tarxeta ó existir unha falta de pagamento.
O máis cuestionable deste caso é que a entidade Wizink pretendese cobrarlle ó noso asociado por un produto que non solicitou e do cal descoñecía as condicións particulares e xenerais porque non chegou a asinar un contrato. Tamén cuestionamos que se producise calquera gasto asociado a unha tarxeta da que nunca se fixo uso, dado que foi devolta nada máis chegar.
Ademais, durante os anos que supostamente o noso asociado tivo esta tarxeta xamais recibiu comunicación algunha sobre o seu estado, nin información sobre a súa activación, nin ningún tipo de dato referido ás comisións. Este cargo repentino na súa conta, por unha tarxeta que non ten o consentimento expreso do cliente supón unha mala práctica por parte de Wizink baseada no feito de que as entidades bancarias están obrigadas a remitir anualmente ós seus clientes, durante o mes de xaneiro de cada ano, unha comunicación completa e detallada que recolla a información sobre os intereses cobrados e pagados e as comisións e gastos devindicados por cada servizo bancario prestado durante ó ano anterior. Esta información xamais foi remitida ó noso asociado quen descoñecía que esta tarxeta estaba activa e xerando gastos.
Desde UCGAL solicitamos á entidade a devolución do importe de 35 €, a anulación do recibo de 53,18 € que entendemos indebidamente reclamado, a anulación da tarxeta e tamén a cancelación dos datos do noso asociado da base de datos da entidade e de todas aquelas entidades ás que foran cedidos. Wizink atendeu o noso requirimento devolvendo e anulando os recibos e procedendo á supresión dos datos do noso asociado dos seus ficheiros e á cancelación da tarxeta en cuestión.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



