Burela, 11 de xuño de 2018. A Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este martes 12 de xuño.
A actuación terá lugar na sala de usos múltiples da Escola, ás 19:00 horas, e correrá a cargo das aulas de piano, frauta e clarinete.
Os/as alumn@s interpretarán un total de dezanove pezas de compositores como Bach, Shubert e Tchaikovsky, no que será a audición do terceiro trimestre dos instrumentos de piano, frauta e clarinete.
Programa
1. María tenía un corderito (tradicional)
Iris (flauta, 1.1)
2. La danza de los payasos
Andrea (flauta, 1.1)
3. El reggae de los silencios
Iris e Andrea (dúo flautas, 1.1)
4. Din, Don (Tchokov-Gemiu) // Burlesca (Zenemij)
Mateo (piano, 1.1)
5. Juanito el afortunado (G.D.Turk) // Sakurá (canción china)
Laura Tellado (piano, 1.1)
6. Minueto para Ana Magdalena (J.S.Bach)
Kai (clarinete, 1.1)
7. Donna, donna
Claudia (clarinete, 1.2)
8. Acróbatas // Space Rock (Dizzy Stratford)
Kai y Claudia (dúo de clarinetes)
9. Iphigénie en touride (Gluck)
Lara (flauta, 1.2)
10. Auprès da ma blonde (Jacob de Haan)
Lara e María (dúo de flautas)
11. Adiante (Jacob de Haan)
Lara e Claudia (dúo flauta e clarinete)
12. Dúo de cazadores (Jacob de Haan)
Kai e María (dúo de clarinete e flauta)
13. L´Arabesque (Burgmüller) // Danza (W.A. Mozart)
Laura González (piano, 1.2)
14. Vaiana (B.S.O) // Sonatina op.163 nº 1 (A. Diabelli)
Paula Fraga Pollan (1.3)
15. Menuet Champêtre (Hullmandel)
María (flauta, 1.3)
16. Piratas do Caribe (B.S.O) // Danza alemana (F. Schubert)
Hugo (piano, 2.1)
17. Vals da Bela Durminte (P.I. Tchaikovsky)
Laura Rodríguez (piano, 2.2)
18. Cantabile et Allegro (Telemann)
Antón (flauta, 2.2)
19. Amelie (B.S.O) // Menuet (J.Haydn)
Tomás (piano, F.A)





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



