Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2018.-O grupo parlamentario de En Marea, denunciou o proceso de privatización dos centros de atención social ás persoas maiores na Mariña lucense e a precarización do emprego a causa da falla de aposta polas residencias públicas da terceira idade. A comarca da Mariña Occidental, Central, e a Oriental” contan cunha extensión de 1.600 quilómetros cadrados e unha poboación de máis de 70.000 habitantes concentrada fundamentalmente na costa, e mal comunicada. Galicia ten un déficit de prazas residenciais para a terceira idade, cunha taxa de cobertura das máis baixas do Estado e co maior grao de privatización das prazas en residencias da terceira.
O prezo medio anual do custe dunha praza residencial pública en Galicia é de 17.998 euros, case 1500 euros/mes, mentres que nunha residencia concertada é de 18.250 euros, o que indica que é máis eficiente economicamente para a Xunta a xestión directa que o concerto.A lista de agarda para residencias da terceira idade en Galicia oscila, nos últimos anos, entre as 1.500 e as 2.000.
As políticas sociais son competencia da Xunta, pero esta delega cada vez máis nos Concellos, aumentando a financiamento que deben achegar as entidades locais nos servizos sociais ou, como sucede na Mariña, cedendo a xestión de servizos que debería xestionar a Xunta directamente.
En canto aos servizos de atención á terceira idade, especificamente os centros de día e residencias, A Mariña conta cos seguintes recursos, seguindo o Rexistro Único de Prestadores de Servizos Sociais:
Cervoconta en 2018 cun novo servizo de residencia (54 prazas) e centro de día (25 prazas), que será xestionado pola “Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla la Mancha y Galicia”. Xovenon conta con prazas públicas en residencias de maiores nin centros de día. Ourolnon conta con prazas públicas en residencias de maiores nin centros de día. O Vicedo non conta con prazas públicas en residencias de maiores nin centros de día. Viveiroconta cun centro de día de iniciativa privada con ánimo de lucro, xestionado por Domus-VI, con 60 prazas, ningunha financiada.
Tamén conta cunha residencia de iniciativa privada con ánimo de lucro, xestionado por Domus-VI, con 150 prazas financiadas.En Viveiro tamén conta cunha residencia privada (Residencia Betania), con 130 prazas, ningunha financiada.Hai en Viveiro un centro de día de Alzheimer, de iniciativa pública, con 30 prazas financiadas.Alfozsó conta con 10 prazas para maiores en vivendas comunitarias.Burelaconta cunha residencia de maiores autonómica con 88 prazas. Conta, ademais, cun centro de día público con 40 prazas.Foz, logo de cinco anos, ten a posibilidade de abrir a nova residencia.
No acordo adoptado polo Pleno na sesión ordinaria celebrada o 27-10-2016 apróbase a proposta de convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Foz para a xestión da residencia e centro de día, previa cesión do inmoble e o equipamento correspondente, cunha duración de 2 anos máis unha posible prórroga de 2 anos, desde a sinatura do convenio, é dicir, desde o 31 de xullo de 2017.
Os prezos públicos da nova residencia están condicionados pola esixencia de sustentabilidade: “as tarifas serán obxecto de determinación no proceso de licitación e adxudicación, e deberán ser ofertadas polos licitadores, deberán ser autosuficientes para o financiamento do servizo e, en consecuencia a xestión indirecta do servizo mediante a concesión do mesmo, implicará a transferencia ao concesionario do risco operacional.” A mediados de xuño de 2018 aínda non está en funcionamento.
En febreiro de 2018, a empresa Canguro Express asinou un acordo de colaboración coa residencia da terceira idade de Foz (privada, con 33 prazas) para prestar servizos de persoal coidador por horas e en días soltos, cun prezo por hora de entre 6 e 8 euros, aínda que oficialmente conta con 11 persoas de Atención Directa no cadro de persoal.
Foz tamén conta cun centro de día privado con ánimo de lucro, con 40 prazas. Lourenzáten centro de día de iniciativa pública con 30 prazas.
O 3 de abril de 2017 abriuse o Centro de Día para Persoas Maiores San Rafael, en Mondoñedo, rexentado pola “Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla la Mancha y Galicia” (que rexenta así mesmo o Asilo) con 32 prazas autorizadas, ningunha financiada pola Xunta.
En febreiro de 2018, a empresa Canguro Express asinou un acordo de colaboración coa residencia da terceira idade de Mondoñedo (privada, con 15 prazas) para prestar servizos de persoal coidador por horas e en días soltos, cun prezo por hora de entre 6 e 8 euros, aínda que oficialmente conta con 11 persoas de Atención Directa no cadro de persoal.
O Valadouroten unha residencia xestionada pola Fundación San Rosendo, con 74 prazas, só 11 financiadas.Barreirosnon conta con prazas públicas de residencia nin centro de día. A Pontenovanon conta con prazas públicas de residencia nin centro de día.Ribadeoten un centro de día con 40 prazas financiadas e cun asilo con 44 prazas, de xestión privada. Ademais, a Xunta comprometérase a facer unha achega para a residencia da Deputación, que non efectivizou.Trabadaconta con residencia e centro de día da Deputación, con 30 e 20 prazas respectivamente.
Polo exposto, o grupo parlamentario de En Marea, rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia para a súa resposta oral para que o Goberno galego explique se considera acaído o proceso de privatización dos centros de atención social ás persoas maiores que se está a dar na Mariña lucense e se non considera que a súa politica de falla de aposta polas residencias públicas da terceira idade e centros de día fomenta a precarización do emprego.
Neste sentido piden que valore a Xunta a contratación por horas de persoas coidadoras para a atención das maiores nestes centros, se vai impulsar a dotación de públicas en residencias de maiores e centros de día nos concellos da Mariña luguesa.