Lugo, 21 de xuño de 2018. Mañá venres, 22 de xuño, ás 18.00 horas terá lugar no auditorio do Conservatorio de Fingoi en Lugo o concerto do V ENCONTRO DE ORQUESTRAS DE LUGO, que dende hai anos vense a celebrar por iniciativa dos centros que posúen este tipo de organizacións como son os municipais de música da Mariña de Lugo.
Segundo explica Xan Carballal “produto da colaboración entre o Conservatorio de Fingoi e as Escolas Municipais de Música de Xove, Burela, Foz, e Mondoñedo xurdiron estes concertos que comezaron a súa andaina na primavera do ano 2010. Froito da boa relación que, dende fai anos existe entre o profesorado das institucións educativo – musicais existentes na Mariña, é polo que nace a idea de levar a cabo actividades conxuntas que poñan en valor o esforzo que veñen a realizar tanto administracións locais, conservatorios, escolas… mediante os equipos docentes e alumnado que día a día fan posible que exista unha educación de calidade no noso país”.
As direccións destas Escolas consideran de vital importancia a realización destas actividades por diversos motivos:
· Dar a coñecer o traballo que se está a levar dentro dos centros educativos, dado que devolver, por medio da cultura, o esforzo que supón para a sociedade o patrocinio desta educación.
· O proxecto orquestral que se presenta busca ser un complemento na formación musical e persoal de cada alumno, desenvolvendo as súas habilidades sociais, cognitivas e emocionais a través da música dun xeito lúdico e divertido.
· Os alumnos de cada centro coñecen e relaciónanse con outros alumnos da comarca e aprenden a traballar en grupo, exercitando a responsabilidade da preparación individual, a súa disciplina, comprensión musical, audición harmónica e afinación do propio instrumento, empatía, solidariedade e cooperación cos compañeiros como tamén o sacrificio por un traballo ben realizado e a súa recompensa final.
Carballal engade que “o repertorio deste encontro comprende obras tanto clásicas como de carácter popular”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



