Lugo, 14 de xuño de 2018,vO Presidente, Darío Campos Conde, adiantou que o Goberno Provincial acordou destinar este ano un total de 680.000 euros á atención de animais abandonados na provincia, colaborando deste xeito ademais cos 67 Concellos. Campos Conde explicou que a Xunta de Galicia transferiu as competencias legais de recollida e xestión de animais abandonados aos municipios sen ningún medio económico para poder asumilas. Fíxoo a través da Lei 4/2017.
Campos Conde explicou que os 685.000 euros que achega este ano o Goberno da Deputación á atención de animais abandonados en toda a provincia distribúese do seguinte xeito:
– No Centro da provincia, o Goberno da Deputación acordou destinar case 400.000 euros. Desta cantidade, son 355.000 euros para ampliar e dotar de máis servizos ás instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, así como á adquisición dos subministros necesarios para a alimentación e coidado dos animais. Máis municipios da zona centro poderán adherirse, deste xeito, ao convenio coa Protectora para levar a estas instalacións animais abandonados. Polo de agora, están adheridos Lugo, A Pastoriza, Riotorto, Begonte, O Corgo, Becerreá, Portomarín e Castroverde. Hai capacidade para 400 animais.
Outros 40.000 euros son para a Asociación Animals Help, que ten a sede no Concello de Xermade. Estas instalacións prestan servizos aos municipios de Xermade, Castro de Rei, Mondoñedo e Guntín. A axuda do Goberno da Deputación é para adquisición dos subministros necesarios para a alimentación e coidado dos 100 animais para os que hai capacidade.
– No Sur da provincia, o Executivo Provincial achega 200.000 euros á construción dunha canceira. Campos Conde mantivo esta semana unha reunión con Alcaldes da zona, acordando situar estas instalacións en Monforte de Lemos ao tratarse do municipio máis céntrico do Sur lugués. Estas instalacións poderán acoller a uns 150 animais. Prestará servizo aos seguintes municipios: Antas de Ulla, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso Do Courel, O Incio, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas De Sil, Sarria, O Saviñao, Sober e Taboada.
– Na zona Norte, o Goberno da Deputación destina 85.000 euros á Asociación Protectora de Animais Valadouro–Alfoz. Estes fondos permitirán a ampliación da canceira que se sitúa no Valadouro para chegar poder acoller uns 30 animais. Estas instalacións prestarán servizo aos Concellos do Valadouro, Alfoz, Muras, Lourenzá, podendo sumarse máis municipios.


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



