Segundo explica a responsable do programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos adictivos do Concello ribadense, Mónica Fernández Lamparte, “despois dun curso enteiro traballando o programa Non pasa nada, pasa algo? de prevención do consumo de cannabis, hoxe por fin, puidemos ir rematando o traballo realizado, coa realización dun video-clip musical que se rodou esta mañá polas rúas de Ribadeo”.
Lamparte tivo palabras de agradecemento para os implicados nesta rodaxe: “grazas a todas e todos os que colaboraron con nós, especialmente aos protagonistas, o alumnado de Educación Básica do CIFP Porta da Auga e alumnas e alumno do ciclo de Educación Infantil. E a David e Fari, de El Farero Audiovisuais”. Está previsto que este traballo se presente ao público ao inicio do vindeiro curso 2018/2019.























"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



