O ano 1951 incorporouse á Comunidade do asilo, e nela permañeceo durante unha década, a que foi a monxa mais popular e carismática da Casa, e quen deixou mais fonda pegada na memoria das xentes que, con mais ou menos proximidade, coñeceron aquelas vivencias.
Sor Paz Boan Casas, galega do Val de Lemos, de sorprendente vitalidade e enerxía; xenerosa, sempre leda e activa; o seu optimismo e actividade contaxiaban a todos, e a entrega aos vellos/as que,sempre agarimosa, a arrodeaban como as pitas á galiña, eran a súa divisa. Xove e goapa, lucía a fermosa voz no coro que ela dirixía, formado con outras monxiñas e algúns rapaces/zas da veciñanza; e coa mesma ledicia que se sentaba ó piano, calzando zocas e o fouciño en ristre, coas irmanciñas e anciáns que podían facelo, apañaban o molime no monte do Santo, ou traballaban na espléndida horta da Casa.
En certa ocasión, e na compaña duns amigos da bisbarra, había xa tempo trasladada ela para o asilo de Monforte, fixemos unha viaxe á Ribeira Sacra, pernoctando naquela cidade. Á mañán seguinte suxerimos a idea, abondo insólita, de facer unha visita á monxa. Os amigos aceptaron e alá nos fomos. De camiño pensábamos en cómo a atoparíamos de saúde, porque, de non a ser xa, estaría moi pretiño de nonaxenaria. Preguntamos por ela e escoitouse pola megafonía: “ Sor Paz, espérana na porteiría…”. Era boa sinal. Nun intre , e cara a nós, vemos avanzar polo pasiño adiante, unha monxa camiñando con tal salero e vitalidade, que a estampa resultabanos coñecida. Cando nos achegamos abrazámola, ao tempo que preguntamos: ”Sor Paz, ¿sabe quen son?…”. Sorpendida, ollounos un anaquiño, e dixo: “Ere-lo Susiño…” Coa mesma dozura e agarimo que o facía na nosa adolescencia. “Por qué me coñeceo?”, “Polos ollos”, respostou.
Había 46 anos que non nos víamos… Saímos ó xardín e alí falamos longo e tendido, preguntándonos por medio Foz; sempre agradecida, nos decía, ao tempo que louvaba o comportamento dos focegos co asilo; dimos un repaso ás cantigas que ela nos ensinara no coro… e ás mil anécdotas dos singulares e aínda pintorescos asilados: O Mudo, Rabo de Pega, Atilano, Banderas, don Gumersindo…. Cando nos despedimos, con unha fonda aperta – sería a derradeira- – díxonos: “¡Toda a vida fun feliz coidando velliños…!”. “¡Xa o sabíamos…!”, respostamos. Os nosos compañeiros saíron ledos do encontro.
Por marzo de 2017, voz amiga informounos da triste nova do seu pasamento. Polo asilo de Foz pasara un anxo: chamábase Sor Paz.
Vindeiro Capítulo (IV): “O pobo co Asilo”.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.