Javier Jorge Castiñeira, entregou esta tarde os premios do certame de debuxo e narración Letras Galegas 2018 convocado pola biblioteca pública municipal. O acto tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura focense. O rexedor municipal desexou aos premiados moita sorte na fase provincial do certame e agradeceu a participación dos colexios.
