Lugo, 15 de xuño de 2018. O Goberno da Deputación advirte que exercer, impulsar ou contribuír hoxe á actuacións en SUPLUSA podería supor responsabilidades penais. Por este motivo, pide a todas as persoas con algún tipo de vinculación coa Sociedade Urbanística Provincial que se absteñan de exercer actividade algunha contraria á sentencia emitida pola Audiencia Provincial de Lugo. Esta declara ilegal e nula a modificación dos Estatutos promovida polo Partido Popular, o Consello de Administración e os acordos emanados do mesmo.
O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, apuntou que a sentenza reflexa “que o PP ten convertido SUPLUSA nun chiriguito, pois forma parte da súa trama para que, entre outros dos seus intereses políticos, non abran as residencias da Deputación. Un chiriguito que hoxe non ten órganos de dirección por culpa do Partido Popular; no que non pode exercer o Consello de Administración emanado dos cambios estatutarios promovidos polo PP e que declara ilegais e nulos a xustiza, -un Consello, por certo, con maioría do PP, que conta con 5 dos 9 Conselleiros-; ao igual que tampouco pode exercer o Presidente que xurdiu desa modificación dos Estatutos e non se poden desempeñar as competencias que os Estatutos do PP concederon a SUPLUSA”.
Hoxe SUPLUSA tampouco conta con intervención, pois o persoal cualificado que desempeñaba esta función presentou a súa renuncia ao parecer por motivos persoais, pois isto non foi comunicado oficialmente ao Consello de Administración. “Non deixa de chamar a atención que para outros asuntos se convoque ao Consello e para isto, que non é unha cuestión baladí, non se teña feito”. Tamén perdeu a súa condición de medio propio por non obedecer as directrices da súa matriz, que é a Deputación, dende que se modificaron os Estatutos e se nomeou ao novo Consello de Administración.
Recurso en mans de Candia
Os servizos xurídicos manteñen que o posible recurso de casación á sentenza da Audiencia Provincial o tería que presentar a voceira e Presidenta do Partido Popular, Elena Candia, pois é a responsable habilitada por SUPLUSA para inscribir, desenvolver a tramitación e defender a modificación dos Estatutos que ela mesmo e o seu partido promoveu nesta Sociedade e que a xustiza vén de declarar ilegal e nulo.
Iniciativa de Campos
O Goberno da Deputación esta a facer “unha análise xurídica profunda” da sentenza da Audiencia Provincial e as súas consecuencias, sendo a primeira delas “a imposibilidade dos órganos de dirección, que emanaron da modificación ilegal e nula que promoveu o PP dos Estatutos, a exercer como tales. Por este motivo, pedimos a todas as persoas con calquera vinculación con SUPLUSA que se absteñan de exercer, impulsar ou de contribuír calquera actividade que sexan contraria ao que ditou a xustiza, posto que isto podería derivar en responsabilidades penais”, advertiu Santos Ramos.
Tras esta “análise xurídica”, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, anunciará e executará a partires do luns as iniciativas que se levarán a cabo para tomar a tutelada “dunha sociedade instalada no disparate dende que Elena Candia puxo o seu obxectivo nela” e para tratar de regularizar a situación e o traballo de SUPLUSA.
Así llo trasladará a todo o persoal implicado na Sociedade Urbanística Provincial, “que supoñemos que non estará obedecendo mandatos ou desempeñando funcións que contradigan a sentenza”.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



