Barreiros, 26 de xuño de 2018. “O goberno municipal de Barreiros, co alcalde Alfonso Fuente á fronte, volve a amosar a súa incapacidade e, unha vez máis, facendo deixación de funcións, solicita a transferencia dun tramo de 860m da estrada provincial LU-P 0608 sen reclamar previamente que a Deputación lla entregue arranxada ou acompañada de diñeiro para poder realizar o arranxo, tal e como lle propuxeramos desde o BNG en sesión plenaria municipal”, afirman desde a formación nacionalista.
No pleno celebrado hoxe na deputación, onde se aprobou a transferencia dese tramo que vai desde o centro de San Cosme ata o enlace coa estrada Trabada-Barreiros LU-P-6103, o Vicepresidente da deputación e delegado de Vías e Obras, Argelio Fernández, confirmoulle ao deputado do BNG e concelleiro en Barreiros, Antonio Veiga, en resposta a unha pregunta ao respecto que o concello barreirense só solicitara a transferencia, tal como consta no expediente, pero que non solicitara ningún arranxo.
Desidia e deixación de funcións por parte do alcalde e do goberno municipal.
Para a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, o alcalde unha vez máis deixa de exercer as súas funcións e, “nunha nova mostra de incapacidade e incompetencia, non fai algo tan sinxelo como é demandar o arranxo deste tramo que lle vén de transferir a institución provincial. “Só tiñan que pedir”, asegura. “Deste xeito, como consecuencia da súa deixadez, o Concello perde a ocasión de recibir este vial debidamente asfaltado, xa que precisa dunha urxente reparación” manifestou Ana Ermida; quen tamén afirmou que “foi unha mágoa que o concello de Barreiros non solicitase o acondicionamento dese tramo, sobre todo tendo en conta que en días pasados, a Deputación estivo asfaltando a estrada Trabada-Barreiros. Sería beneficioso para o Concello e resultaría económico para a Deputación, pero como podemos comprobar todos os días, desde o concello de Barreiros non se actúa de acordo a razoamentos lóxicos nin pensando no interese xeral das barreirenses.”
“Gustaríanos saber en base a que se actúa neste Concello, porque pedir un tramo dun vial en mal estado para sumar ás ducias de quilómetros de vías municipais que xa se atopan nun estado deplorable, parécenos un insulto á intelixencia”, afirma Ana Ermida. “Salvo que o interese en pedilo sen arranxar sexa outro e o Partido Popular prefira gastar os xa escasos fondos que o Concello dedica ao arranxo de vías nunha estrada que acaba de recibir”, conclúen.
´



















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



