A Mariña, 26 de xuño de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña acordou, no pleno celebrado onte en Trabada, dar uns días de prazo aos Concellos para decidir se queren levar adiante un programa integral de emprego para formar a 100 persoas das que un 35% terían unha oportunidade de traballo durante tres meses. Nese pleno tamén se abordaron temas como a promoción turística da comarca a través do deporte, a posta en marcha da xerencia de Turismo e o servizo de socorrismo.
O presidente da Mancomunidade mariñá, Alfredo Llano, explicou que “hai un novo programa integral de emprego que saíu xa convocado, onte estivemos falando del, que este ano ven cunha serie de características que poden ser moi boas para insertar laboralmente a moita xente da nosa comarca. Este plan integral de emprego está pensado este ano para 100 alumnos dos cales hai que insertar, durante tres meses como mínimo, a un 35%. Como xa tivemos a experiencia na Mancomunidade hai dous anos, pero soamente participaron naquela ocasión seis concellos, a miña idea é que entremos os 16 concellos da Mancomunidade para levar adiante este novo plan. Se son 100 as persoas que poden ser beneficiadas, entendo que en todos os concellos pode haber algunha. Agora deixamos un prazo pequeno para que decida cada Concello se quere participar ou non, e unha vez que se teña listo faremos o proxecto e solicitaremos esta nova edición do programa”.
Xerencia de Turismo
Alfredo Llano anunciou que “onte aprobamos as bases para contratar o antes posible un/unha xerente de Turismo. Esperemos que poida estar traballando a partir do 1 de agosto, unha vez que culmine todo este proceso. Tamén miramos de aumentar a 10.000 euros a partida para a promoción da comarca da Mariña por parte de deportistas. Creo que nos interesa seguir facendo isto e imos pasar dos 5.000 euros, que demos este ano, a 10.000 euros para que poida ser aberta a máis xente. Vai enfocado a deportistas individuais ou de equipo que compitan fora de Galicia ou ben que vaian ao estranxeiro, houbo algún que foi incluso a Xapón ou a Estado Unidos”.
Socorristas
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña dixo que “o asunto dos socorristas é unha preocupación. Agora mesmo estamos pasando dificultades para contratar a todos os que necesitamos, concretamente en Burela son 9, pero tamén están Cervo e Xove, que non dan conseguido suficientes, e queremos facer a proposta desde a Mancomunidade para a Xunta de Galicia co obxectivo de que se faga máis formación, que haxa máis oportunidades para os rapaces de que se formen e homologuen un título para despois poder traballar. Tamén queremos pedir que o tempo dos socorristas para os Concellos sexa de tres meses e non de dous como está sendo agora, e que se faga caso ás peticións de cada un dos Concellos. Se queremos atender ben as obrigas das bandeiras azuis, que se cumpra ben a seguridade e a promoción turística deben facer caso a estas peticións. Espero que a Xunta teña en conta que as necesidades da Mariña pasan por ter máis tempo aos socorristas e máis socorristas tamén”.
Alfredo Llano engadiu que “imos levar adiante formación en colaboración coa FCAM para mellorar os sistemas de atención ao cliente tanto en hoteis como en restaurantes, e este ano imos procurar facer formación para un tema que lles preocupa moito aos comerciantes da Mariña, que é a compra por internet, a compra on line. Queremos facer xornadas informativas para que a xente saiba a importancia que ten o comercio local, que é moi necesario para o emprego nos diferentes concellos da Mariña”.
A edición das audioguías coas que contan Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo, en español e inglés, ademais de en galego e incluso en francés foi outro dos asuntos abordados no pleno de onte, así como o aproveitamento das resinas dos piñeiros nesta comarca. Llano asegurou que haberá xornadas formativas polos Concellos.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



