Lugo. 26, xuño, 2018. O Grupo Provincial do PP conseguiu hoxe aprobar un novo regulamento orgánico que viñan pedindo desde o ano 2015 e que potencias as competencias do Pleno da Deputación de Lugo. Os cambios que recolle o texto favorecen a transparencia da institución, pese a que o PSOE leva evitando o debate desta iniciativa desde hai tres anos.
A partir de agora o control da institución será maior por parte do Pleno, unha medida que os populares consideran acertada tendo en conta a composición dun Goberno en evidente minoría que desatende por sistema os acordos que toma a Corporación.
O texto íntegro que se aprobou hoxe xa foi informado en marzo de 2017 favorablemente incluso cun informe do secretario daquel momento no que aplaudía a nova redacción e aconsellaba actualizar o texto.
A voceira do PP, Elena Candia, lamentou que todo este tempo o PSOE fuxira do consenso e non convocara aos grupos a traballar sobre esta proposta, cando xa foi presentada no ano 2015. De feito os populares presentaron esta moción por urxencia porque “de maneira reiterada, consciente e intencionada evitaron o debate e chegar a consenso”.
Na súa intervención a popular acusou ao secretario xeral do PSOE, Álvaro Santos, de ser o responsable da inestabilidade na institución, posto que cada vez que nos sentamos cos membros do seu Goberno chegamos a máis acordos que desacordos, encontros dos que el fuxe.
O PP elevou ao Pleno un texto que pretende defender os dereitos dos deputados, limitar que se imposibiliten os debates ou as interpretacións intencionadas para que as propostas non prosperen, axustándose ás leis en vigor e reforzando o papel do pleno.
A voceira do PP lamentou que nin PSOE nin BNG fixeran achegas desde o ano 2015, que non se cambiou nin unha coma. “É o noso regulamento por acción e tamén o seu por omisión porque tempo tiveron para chegar a consensos. Non están lexitimados para cuestionalo”, explicou.
O Grupo Provincial do PP reivindicou a importancia de que se escoite aos grupos da oposición e de que o que se acorde no pleno se execute.
Outro acordo incumprido
Hai máis de dous anos adoptouse un acordo para modificar o regulamento orgánico. A partir de aí o PP intentou en varias ocasións que o pleno se posicionase sobre unha modificación necesaria para o funcionamento da institución. “Buscamos adaptalo á normativa en vigor, que o regulamento actual non cumpre, facilitar a transparencia e reforzar o control do pleno sobre o exercicio das competencias que foron obxecto de delegación. Ningún grupo pode opoñerse porque traslada toda normativa de transparencia posterior ao regulamento vixente. Sería vital o traballo de todos os grupos, pero a estas alturas o goberno escapa dese debate e a oposición ten que facer valer os seus dereitos”, expuxo a voceira.
“Débese respectar o dereitos das minorías e favorecer unha maior fiscalización da xestión da institución e que as sesións plenarias teñan forza nos acordos que aproba porque de xeito sistemático dáselle as costas. Non trouxeron ningunha proposta de emenda nin de matización. En aras a buscar o consenso tempo tiveron de facer achegas durante moitos meses”.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



