Burela, 26 de xuño de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, visitou ese martes xunto ao alumnado e profesorado do obradoiro de xardinería os traballos realizados na vila durante os últimos nove meses. Dito obradoiro rematará a súa andaina o 28 de xuño e Llano agradeceu a labor realizada.
O rexedor contou que “hoxe estivemos de ruta co obradoiro de xardinería vendo un pouco todas as labores que se fixeron. Foi un traballo extraordinario o que se fixo con este obradoiro durante estes nove meses e que van rematar o día 28, o xoves próximo”.
Alfredo Llano dixo que “quixemos agradecerlles a súa labor e comentamos con eles todos os traballos que se fixeron en diferentes sitios de Burela que deron unha imaxe nova ao noso pobo, e grazas a estes alumnos melloraron moito”.
O alcalde burelés explicou que “visitamos a nova escola infantil, á que lle deron un cambio radical, axardinaron todo o patio e os exteriores e déronlle unha imaxe nova, atractiva e moi motivadora para ser visitada, estase moi a gusto alí. Foi o que nos decidiu volver solicitar para o ano que ven este obradoiro de xardinería porque se fixo moito traballo, pero aínda queda moito que facer”.
Llano subliñou que “é unha actividade que lle vai moi ben a moitos alumnos aos que lles gusta este tema. Ímoslle dar continuidade e sempre se aproveita o Concello de toda esta labor que tan ben están a facer. Felicitamos ao encargado, ao profesor que deu o curso máis aos rapaces que colleron bo nivel de traballo para que no futuro lles poida servir para a que podería ser a súa profesión”.
O rexedor insistiu en que “estamos moi agradecidos, e cremos que fixemos ben en elixir este obradoiro porque realmente houbo un cambio estético e funcional en todo o noso concello”. Burela compartiu este obradoiro de xardinería cos Concellos de Cervo e Xove.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



