Xove, a 10 de xullo de 2.018. O Concello está a traballar en melloras enerxéticas, de renovación da envolvente térmica, das formas estéticas e da accesibilidade dos seis edificios que coforman actualmente o COMPLEXO DO CENTRO CÍVICO MUNICIPAL, co obxecto de optar á obtención de fondos europeos FEDER (Programa POCS-Programa de axudas para proxectos de inversión que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono).
As instalacións do Centro Cívico, con 30 anos en funcionamento, foron froito, nos anos 80 do pasado século, dun concurso aberto no que participaron máis de 20 equipos de arquitectura, contándose xa naquel momento coa asesoría do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia. Despois de 30 anos de uso intensivo, as instalacións do Centro precisan dunha renovación profunda. Para a realización da mesma preténdese contar cos mellores recursos e o mellor asesoramento externo.
Neste sentido, o alcalde Demetrio Salgueiro acaba de asinar un Convenio con Raul José Veiga, Presidente do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia en Lugo.
