Lugo, 30 de xullo de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Lugo a importancia de apoiar a formación e a innovación na industria forestal para que se cree emprego cualificado e, deste xeito, se poida dar resposta ás necesidades do tecido produtivo, que neste ámbito representa o 1,8% do PIB galego e o 12% do emprego. Conde puxo en valor a capacidade que ten este sector para seguir xerando valor industrial en termos de produto diferenciado na primeira e segunda transformación na clausura das xornadas sobre formación na industria forestal, onde explicou tamén a planificación que a Xunta está a executar en materia de cualificación.
Así, indicou que a Estratexia de formación da industria forestal, consensuada coas asociacións representativas do ámbito forestal galego, prevé impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais nos próximos dous anos e medio cunha oferta formativa á medida do que neste momento precisan as empresas. No marco desta folla de ruta, Conde expuxo que en próximas semanas convocaranse axudas que permitirán desenvolver 14 xornadas formativas e diferentes actuacións de divulgación que chegarán a máis de 600 persoas.
A dixitalización da industria, segundo apuntou o conselleiro, trae consigo novas ferramentas de traballo e novos perfís profesionais, polo que subliñou que o reto da Xunta é axudar ás empresas de toda a cadea produtiva a modernizarse, poñendo o foco na formación dos seus profesionais para que esta industria poida estar ao día das novas tendencias do mercado.
Do que se trata, en palabras de Conde, é de dar resposta á industria no eido das novas tecnoloxías apoiando, ademais, a súa modernización, innovación e internacionalización co obxectivo final de seguir xerando emprego de calidade vinculado ao medio rural.
No eido da modernización, o titular de Economía avanzou que a Administración Autonómica vén de resolver novas axudas que favorecerán a realización de investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento e comercialización de produtos, cos que se mobilizarán proxectos por valor de 27,5 millóns de euros.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), concede, neste ámbito, axudas por máis de 8,1 millóns de euros que beneficiarán a un total de 87 pemes e autónomos, que realizarán investimentos centrados na adquisición de maquinaria e instalacións para a primeira transformación da madeira; equipos tractocargadores, autocargadores, procesadores e outros equipos de saca de madeira; e outra maquinaria forestal, ou equipamentos en infraestruturas.
As axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, contribuirán á consolidación das pequenas e medianas empresas que conforman este ámbito industrial, o que lles permitirá gañar en competitividade e apostar por novos procesos de produción. Estes apoios contribuirán, ademais, á creación de 84 postos de traballo nas empresas beneficiarias.
Impulso á innovación
De xeito complementario, Conde afirmou que en próximas datas convocaranse tamén as axudas destinadas a impulsar a innovación en procesos e produtos neste ámbito, que permitirán mobilizar investimentos por un importe de 3,6 millóns de euros. A través deste programa pioneiro, promoverase a xeración de valor en arredor de 24 pemes e microempresas da segunda transformación da madeira, carpintaría, fabricación de mobles e nas compañías do sector contract nos procesos que utilicen produtos forestais.
En definitiva, o que o Goberno galego pretende con todas estas actuacións é apoiar con todos os seus recursos dispoñibles unha industria que representa a riqueza do rural galego e que é chave para acadar un monte máis produtivo e máis protexido. Galicia é a novena potencia forestal a nivel europeo representando a madeira aquí cortada o 50% do total nacional. O forestal, ademais, move arredor de 2000M€ anuais e emprega a máis de 70.000 persoas nunhas 3000 empresas que abranguen toda a cadea de valor. Ademais, Conde puxo en valor o seu papel crecente nas exportacións con máis de 800 millóns de euros.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).