Xove, 18 de xullo de 2018. Un dos programas estrela deste verán en Xove é o Programa: Móvete no Verán, no que están a participar 112 persoas de tódalas idades. Este programa está dividido en varios apartados:
-Xogos Pre-Deportivos: dirixido a nenas e nenos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a 4º de primaria, estase a desenvolver dende o 3 de xullo ata o 16 de agosto, segundo os seguintes horarios:
MARTES E XOVES de 10:30 a 11:30 H. (De 3 a 5 anos)
MARTES E XOVES de 11:30 a 12:30 H. (De 1º a 4º primaria).
En total hai 6 inscritos nesta actividade.
– Aeróbic – Latino: actividade para mayores de 12 anos, celébrase dende o 4 de xullo ata o 8 de agosto, segundo os horarios:
Horario: LUNS de 10:30 a 11:30 H.
En total hai 13 inscritos nesta actividade.
-Fitnes: tamén para maiores de 12 anos, desenvólvese do 4 de xullo ata o 13 de agosto, segundo os horarios:
Horario: MÉRCORES de 10:30 a 11:30 H.
En total hai 13 inscritos nesta actividade.
-Actividades Físicas para Maiores: celébranse dende o 2 de xullo ata o 13 de agosto, segundo os horarios:
Horario: LUNS e MÉRCORES de 11:30 a 12:30 H.
En total hai 15 inscritos nesta actividade.
-Zumba: para todas as idades, desenvólvese do 3 de xullo ata o 16 de agosto, segundo os horarios:
Horario: MARTES e XOVES de 10:30 a 11:30 H.
En total hai 33 inscritos nesta actividade.
-Pilates: para maiores de 18 anos, desenvólvese do 6 de xullo ata o 17 de agosto, segundo os horarios:
Horario: VENRES de 10:30 a 11:30 H.
En total hai 25 inscritos nesta actividade.
-Ximnasia para Maiores na Auga: desenvólvese do 6 de xullo ata o 10 de agosto, segundo os horarios:
Horario: VENRES de 11:30 a 12:30 H.
En total hai 7 inscritos nesta actividade.
CAMPAMENTO DE VERÁN
Un total de 41 rapaces/as de 10 a 16 anos van participan no CAMPAMENTO DE VERÁN que se desenvolve na contorna do Centro Social de Morás e na Praia de Esteiro. Estas actividades están englobadas dentro do Programa Xuventude do Concello, sendo coordinadas pola Empresa IG10.
Como remate do campamento, o venres 20 de xullo, ás 11:30 horas, tódolos rapaces/as disfrutarán dunhas clases de surf na propia praia de Esteiro a cargo da Escola Galega de Surf.
Xa para finalizar este día e para rematar o propio campamento, tamén na praia, haberá un obradoiro sobre comida saudable a cargo do cociñeiro Lucas Requeijo; os participantes aprenderán a preparar distintos pratos de comida saudable, finalizando coa propia proba dos pratos culinarios que previamente aprenderon a realizar.
Ás 17:00 horas rematará o campamento co retorno dos participantes para as súas casas.
OCIO ALTERNATIVO
Dentro do amplo abanico incluído neste programa, nos vindeiros días ofrécense as seguintes actividades:
-Xoves día 19, paseo Nocturno en Kaiaks, dende o Portiño de Morás. A partir das 22:00h, a inscrición farase no lugar da actividade media hora antes do inicio da mesma.
– Este sábado 21 de xullo e o 4 de agosto, realizaranse paseos turísticos en bicis eléctricas. En horario de mañá a determinar en función do número de inscritos. Grupos de 10 persoas. Inscrición previa na Oficina de Turismo. Máis información: 982592632
– A próxima semana é o turno do fútbol praia 3×3, na praia de Lago, os días, 23, 24 e 26 de xullo, a partir das 16:30h, a inscrición farase no lugar da actividade media hora antes do inicio da mesma.
Todas estas actividades son gratuitas, organizadas e patrocinadas polo Concello, e orientadas a todas as idades a partir dos 8 anos, agás os paseos turísticos nas que pode ir algún menor xa que temos bicis con silla.