Ao acto asistiron difefentes invitados como o director general do Ministerio da Presidencia, César Mogo, que é natural de O Valadouro; a directora de IFEMA, Mª José Sánchez; así como representantes do mundo artístico e dos medios de comunicación. Para Alfredo Llano esta viaxe a Madrid, á que acudiron vinte persoas de Burela, “serviu para promocionar o bonito de Burela e agardamos que nos axuda a conseguir a declaración da feira do bonito como festa de interese turístico nacional”.
