A Mariña 23-7-18. O grupo mariñán de música tradicional Tumba e Dálle presenta, o vindeiro domingo 29, o seu primeiro videoclip. O acto desenrolaráse a partir das 21.15h na Praza de Rinlo, ao ser esta localidade ribadense tamén parte esencial no desenrolo do video. “O vídeo está rodado prácticamente na súa totalidade alí, dalí é un dos nosos integrantes e sempre que realizamos alí calqueira actividade o pobo nos acolle moi ben polo pareceunos acaído presentalo alí”, afirman dende o grupo.
Na presentación haberá, ademais de varias conversas con protagonistas directos e indirectos do video, música en directo e varias sorpresas máis, ademais da propia proxección do video obviamente e será Anxo Rivas, de RadioFoz quen conducirá a velada.
“A verdade é que estamos moi ilusionad@s, o video pensamos que quedou chulo e estamos impacientes por compartilo con toda a nosa xente, e que mellor que facelo tod@s xunt@s nun acto que está deseñado con moito agarimo”.
Tumba e Dálle, que iniciou a súa traxectoria musical no 2010, aínda non ten ningún traballo discográfico e este é o seu xeito de tentar buscarse un óco no complicado panorama musical na actualidade. “A verdade é que o disco tarde ou cedo chegará pero, mentres e non, sentíamos a necesidade de facernos visibles dalgún xeito, xurdiu esta posibilidade e agarrámonos a ela con forza. E a verdade é que estamos moi satisfeit@s co resultado final. Se ademais serve de promoción pois mellor que mellor”
Dende o grupo queren amosar o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron en maior ou menor medida no video así como as asociacións e entidades que están botando unha inestimable man na organización da presentación.
