Barreiros, 10 de agosto de 2018. A 2ª Festa do Ovo Frito celebrarase o vindeiro martes, 14 de agosto, no campo do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. O obxectivo é recadar fondos para o Celta Barreiros e pasar unha boa noite de festa. A cita dará comezo ás oito da tarde e por seis euros será posible degustar patacas, un par de ovos fritos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical. O evento foi presentado este mediodía no Concello de Barreiros coa presenza do alcalde, Alfonso Fuente; do primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente; e do presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, entre outros.
O presidente do club de fútbol barreirense manifestou que “é a Festa do Ovo Frito que celebramos no campo de fútbol do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. Xa organizamos o ano pasado a primeira edición para recadar fondos como axuda para o Celta Barreiros de fútbol e tamén para xuntar aos veciños e aos veraneantes no campo, que vexan as nosas instalacións, e que vaian pasar alí un día de festa agradable e divertirse”.
José Manuel García Cela explicou tamén que “vai comezar ás oito da tarde, cando empezaremos a dar a cea, que será: patacas, un par de ovos, un chourizo, pan e bebida, e todo por un módico prezo de 6 euros. O ano pasado, ao ser a primeira vez, non tíñamos pensado que tivera tanta aceptación, pero tivo moi boa acollida e xuntamos preto de 500 persoas. Este ano, se o tempo nos acompaña, pensamos superar as 700 persoas. Hai moito veraneante, o prezo é moi módico, de 6 euros, e as patacas, os ovos e o chourizo gústanlles a case todo o mundo”.
O presidente do Celta Barreiros convidou a que “nos veñan acompañar. Espero que todos saian moi satisfeitos e moi contentos. É unha ocasión de disfrutar nun recinto pechado cos nenos, que non teñen problema ningún, da festa e da cea, e pasalo ben. Haberá unha actuación musical para bailar un pouco ata altas horas da madrugada e ademais teremos mesas e asentos para todos os asistentes”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



