A Mariña, 28 de agosto de 2018. A Mariña acollerá do 10 ao 19 de maio a celebración da Raid Gallaecia 2019, un evento deportivo multidisciplinar no que haberá participantes de todos os continentes. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, subliña a promoción que suporá para a comarca en todo o mundo. Este foi un dos asuntos abordados no pleno da Mancomunidade, celebrado onte, xunto coa presentación da nova páxina web deste ente, que terá lugar o vindeiro xoves, 30 de agosto, ás 12:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
Alfredo Llano contou que “levábamos unha tempada necesitando facer este pleno por unha subvención que temos pedida polos plans de cooperación ambiental para mercar para toda a Mancomunidade, e cada Concello os que necesite, diferentes contedores de lixo. Pedimos unha subvención para o 100% dos contedores que precisamos e déronos o 80%, polo tanto non está nada mal. Xa nos adaptaremos a que cada Concello na proporción reduza ou pague o que necesite. Tamén firmamos a aprobación da conta xeral do exercicio 2017, o resultante foi moi positivo cun remanente que supera os 100.000 euros”.
O presidente da Mancomunidade anunciou que “imos facer a presentación dunha páxina web da Mancomunidade. Será en Burela este xoves, 30 de agosto, ás doce e media da mañá. Consideramos que esta páxina vai mellorar moitísimo os contidos da actual e que vai dar lugar a conexións directas cos diferentes concellos que constituímos a Mancomunidade, onde aparecerá o que cada un queira aportar. Pensamos que é un bo soporte para ofrecer aquelas posibilidades turísticas, culturais ou deportivas que hai en cada un dos concellos. Tamén aprobamos a tradución das audioguías que xa tíñamos en marcha en Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro e que soamente estaban traducidas ao galego. Agora imos facer unha tradución para o castelán, francés e inglés, que consideramos que é unha boa fórmula para ensinar os diferentes municipios, ademais moi recoñecida pola xente que utiliza este medio. Pensamos que agora con esta ampliación a diferentes idiomas as posibilidades van ser infinitas para poder ver o que hai de valor en cada un destes concellos”.
Llano engadiu: “sabemos que hai empresas que están interesadas en desenvolver o programa Catuxa dos plans Coopera, no que quedamos segundos nestes premios da Xunta de Galicia. Imos poñernos traballar en canto comece o primeiro trimestre escolar deste ano 2018/2019 e imos desenvolver durante todo o curso ese programa Catuxa, que consideramos que vai ser importantísimo, dado que está na modalidade de violencia de xénero e de igualdade”.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “aprobamos un evento deportivo que se chama Raid Gallaecia 2019. Vai ser no mes de maio, entre o 10 e o 19 de maio do 2019, vaise celebrar integramente na Mariña e vai estar presente nos dezaseis concellos que constituímos a Mancomunidade. É un evento deportivo multidisciplinar, polo tanto vaise ver ciclismo, barranquismo, atletismo, escalada, etc… Son probas moi duras que se fan por equipos, vai ter presenza de vintecinco nacionalidades diferentes, veñen dos cinco continentes e vai percorrer uns 500 quilómetros da nosa comarca”.
Alfredo Llano dixo: “consideramos que vai ser un soporte deportivo extraordinario para dar coñecer e divulgar a nosa comunidade en todos os ámbitos, tanto no turístico, como deportivo e cultural. Vai ter cobertura mundial e será protagonista en todo o mundo durante a semana que dure esta proba. Imos ter unha boa maneira para divulgar as nosas cualidades e virtudes da comarca dunha forma extraordinaria. Cun gasto mínimo da Mancomunidade imos conseguir un rendemento máximo de divulgación da comarca. Pensamos que vai ser moi interesante. Hai que dicir que no ano 2019 soamente hai dous eventos deste tipo en toda Europa e un deles vai ser na nosa Mariña. Estamos todo o mundo moi convencido de que vai ser unha boa cousa para todo, en todos os aspectos”.
O presidente da Mancomunidade sinalou que “no pleno de onte tamén miramos o que é o Consello de Turismo da Deputación de Lugo, do que formarei eu parte e tamén irei acompañado no que se poida da xerencia de turismo. Imos procurar traballar intensamente para que a Mancomunidade faga o máximo posible pola nosa comarca e que esteamos todos de acordo é gratificante”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



