Foz, 28 de agosto de 2018.- A Xunta de Galicia achegará 160.000 euros para impulsar diversas accións de promoción turística conxunta dos concellos da Mariña lucense. Este investimento articularase a través dun convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade de municipios da Mariña, que contribuirán a apoiar o xeodestino comarcal.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou esta mañá os detalles desta liña de colaboración acompañado dos alcaldes e representantes municipais.
O investimento total previsto para este ano e para o 2019 chegará aos 190.000 euros (dos que a Xunta achega o 85%) e inclúe, como principal novidade, a demanda realizada dende a administración autonómica para crear unha xerencia permanente, que se encargue da supervisión, control e promoción das accións turísticas que se promovan e do deseño de novos apoios.
“Queremos poñer en valor recursos naturais, culturais e gastronómicos da zona. Para iso apostamos por impulsar iniciativas que xa acadaron o éxito”, explicou Balseiro.
Tres liñas de actuación
O convenio contempla tres liñas de actuación: a consolidación de produtos turísticos propios, a formación de axentes turísticos e a promoción e divulgación xeral do xeodestino, sen pechar as portas a novas accións que poidan sumarse con cargo aos recursos deste renovado convenio.
No marco da primeira liña, a Xunta prevé impulsar accións que están a resultar moi exitosas, como o mes da maxia e as rutas de sendeirismo polo Camiño Norte, ademais de potenciar os itinerarios artesanais da zona. A segunda liña de actuación está orientada á organización de cursos de formación específicos para o sector da hostalaría. De xeito complementario, desenvolveranse campañas de divulgación do xeodestino en redes sociais e perfeccionaranse as páxinas web de promoción turística, tanto da propia mancomunidade como apoiando aos destinos máis demandados polos visitantes.
Sumando esforzos
Balseiro lembrou finalmente que a Xunta leva apoiando estas iniciativas conxuntas de promoción do xeodestino da Mariña lucense desde o ano 2010. Con anterioridade, o Goberno galego achegaba recursos para os plans de excelencia e dinamización turística de Ribadeo e Viveiro, pero entendeu que esta nova fórmula, que agrupa a todos os concellos da comarca, é moito máis efectiva, pois desde o punto de vista turístico A Mariña ofrece “unha oferta conxunta, heteroxénea e con peculiaridades locais, pero que debe ser potenciada na súa totalidade”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



