22-8-18. Este mércores ás 13:00 h na Praza do Centro Cívico, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada polo Presidente da Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense Javier Fernández e outros membros da directiva, realizaron a presentación desta II Concentración.
Despois do éxito acadado pola I Concentración realizada o 23 de setembro do pasado ano, a Asociación aborda con ánimos renovados esta segunda edición co fin de consolidar esta cita no calendario deportivo-cultural de Xove.
Para realización deste importante evento a organización leva traballando duro durante os últimos meses. Neste intre van comezar a fase participativa co cal, a partires desta semana, acaban de abrir a INSCRICIÓN a tódolos afeccionados aos vehículos clásicos e históricos de A Mariña e doutros lugares que queiran compartir e mostrar os seus vehículos a tódolos afeccionados ao mundo do motor.
A inscrición poden facela en:
-Por teléfono, nos números: 652 36 46 10 (Javier Fernández) e 689 74 52 18 (Manuel Cora).
-A través de FACEBOOK: Autoclasico da Mariña Lucense.
-E tamén persoalmente en contacto directos cos organizadores.
A inscrición para esta II Concentración ten un custo de 25 €uros por persoa.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



