Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, dende o Laboratorio de Formas, crearon o Grupo Sargadelos. Querían un grupo empresarial comercialmente potente, financeiramente viábel, mais que fixese País na creación cultural, informativa e no benestar social . Velaí a fundación de Edicións do Castro e o Instituto Galego de Información.
“Cerámicas del Castro, S.L” (O Castro). ten case o 40% do capital social de “Fábrica de Cerámicas de Sargadelos, S.L.” (Fábrica de Sargadelos), o que lle permite o control indirecto da mesma e do Grupo Sargadelos todo.
No 2006 a xenerosidade e patriotismo de Isaac Díaz Pardo (que transmitira de balde importantes cotas do capital social a determinados colaboradores) privoulle do control d’ O Castro e, moi logo, por mor do seu control indirecto, da Fàbrica de Sargadelos e do Instituto Galego de . Entón, a nova maioría elixiu conselleiro-delegado ao socio Segismundo García.
Despois dun tempo no que se afastou da xestión, Segismundo García pactou no 2014 coa familia Vázquez Freire ( beneficiarios daquelas cesións gratuitas de capital de Díaz Pardo) o seu nomeamento como administrador único da Fàbrica de Sargadelos (xa que entre él e a devandita familia controlaban o 51% d’O Castro). Dende entón, a Fábrica de Sargadelos enfrontou un concurso de acredores e unha reorientación comercial e de proxecto que pasou por: i) liquidar todo o legado de Díaz Pardo e Seoane e todo compromiso cultural con Galicia (Instituto Galego de Información e Edicións do Castro) ii) Liquidar toda relación co Laboratorio de Formas , antes responsábel da dirección artística, do seu “know how”. iii) Prescindir dos mellores tècnicos da empresa, o que incrementou a porcentaxe de fallos na produción do 10-15% anterior a case o 40%. iv) Perder a identidade e o deseño orixinal como sinais propios, impedindo na práctica cara ao futuro garantir a merca dos produtos do Grupo na gama alta de prezo onde se moveron historicamente.
Hoxe Segismundo García quere botar fóra ao 50% do cadro de persoal da Fabrica de Sargadelos pola súa incapacidade de dirixir a actividade empresarial nas marxes da Lei, pois quere descoñecer sentenzas xudiciais e convenios colectivos. Mais Galicia asume o risco da perda do patrimonio inmaterial do Grupo Sargadelos, hoxe administrado de xeito irresponsabel.
Cómpre salvarmos Sargadelos.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



