Lugo, 2 de agosto de 2018. O Goberno da Deputación ten posto en marcha o programa Musiqueando, unha iniciativa coa que o Executivo Provincial promociona a música popular na provincia, así como a creación de corais, bandas ou grupos tradicionais. Este proxecto está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para que poidan realizar contratacións de grupos que teñan residencia na provincia de Lugo.
Nesta primeira semana de agosto as actuacións que realizan os grupos e bandas que participan no Musiqueando por toda a provincia son as seguintes;
Venres, 3 de agosto
-Riotorto, Festa Celta, actuación da Lengua Dereita
Sábado, 4 de agosto
-Sober, Festas de San Salvador de Neiras, música con A.C. Río Miño
-Castroverde, Acto de Irmandamento dos Castroverdes da Península Ibérica, coa Coral de Taboada
– O Vicedo, Festas Patronais co grupo A Subela
Domingo, 5 de agosto
-Outeiro de Rei, Romaxe Penas de Rodas, actuación de Xesta Verde
-Antas de Ulla, Romaría Sta. Mariña Amarante, Coral de Chantada
-Xermade, Festas Patronais, Banda de Música do Landro
-Alfoz, Festas Patronais, música tradicional con Auxóurere
– O Saviñao, Festas Patronais actuación da Banda de Música
– Lugo, Festas Patronais de Muxa, música tradicional con Cans de Palleiro
-Ribadeo, Romaría con música da Subela
-Riotorto, Festas de Santa Comba de Orrea, Banda de música Cántigas e Frores