Xove, 10 de agosto de 2018. Este venres inaugurouse, na Sala de Exposicións do Centro Cívico, unha nova edición de XOVE 360º.
Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola undécima edición. O título escollido para a deste ano foi “FERVENZAS”, sección na cal se presentan 13 fotografías. Esta sección é escollida cada ano polos fotógrafos participantes, elixindo un tema específico sobre o que cada un deles presenta unha ou dous propostas.
O resto da exposición, con 34 das 47 fotografías totais que a conforman, é de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc.
As fotografías teñen un tamaño de 50×40 cm, maquetadas sobre un fondo negro.
Os participantes na edición deste ano, son: Alberto Rapa, Andrés García, Diego Fanego, Javier Sánchez, Javier Villares, José Emilio Gómez, José Manuel Blanco, Mateo Guerreiro, Pedro Antonio Vecente, Rubén Pico, Santos Cordovilla e Carolina Moreira.
A exposición ábrese ao público mañá sábado 11 de agosto, vai estar aberta ininterrumpidamente ata o vindeiro 2 de setembro en horario de 18:00 a 22:00 horas.
A exposición, como ven sendo habitual nos últimos anos, está dentro do amplo Programa Festivo que o Concello preparou para o San Bartolo 2018.
