Burela 29-8-18. Este venres, o conxunto capitaneado por Jorge Valhermoso Matamoros, xunto a Edu, presentarase en Vista Alegre, co III Torneo Burela Bonita: “Será unha cita bonita, na casa e coa nosa afección. Temos ganas de xogar en Vista Alegre e de mellorar, sobre todo, aspectos tácticos” explicaba Mata desexando xa saltar á pista ante un cartel de luxo, con Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli, ademais de Palma, xunto ao estreo dunha competición xuvenil: “É un luxo presentarnos así, con dous equipos da nosa categoría e Palma, de Primeira, un rival que se nos cruzamos con el vainos a esixir moitísimo”, explicaba en 10 do Pescados Rubén Burela FS no inicio da que será a súa sétima tempada na Mariña, con contrato ata 2021.
Os de Juanma Marrube estrearán a categoría sénior, o venres ás 19.30 horas, fronte aos compsoteláns, e ás 21.30 mediranse Palma e Noia: “Santiago é un equipo novo e novo, salvo poucos xogadores e o adestrador. Aínda que é un rival que mantén a súa filosofía, de ser moi competitivo e dar guerra. Santi Valladares sempre espreme e esixe aos seus xogadores” advertía o 10 laranxa, destacando o espectáculo garantido do derbi e con ganas de coarse na final do sábado (21.30 horas).
Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, Matamoros recoñecía a súa ilusión e ambición polo proxecto de 2018-19, como un dos seus principais baluartes: “Atópome ben, con ganas de empezar a competir e de facer un ano bonito e intentar mellorar a tempada pasada, sobre todo meternos arriba e estar entre os cinco primeiros” recoñecía sendo cauto, o pivote madrileño: “Creo que temos que ir con calma, traballar e ser constantes. Non queremos volvernos tolos, se temos opción de quedar no primeiro posto pelexarémolo, pero hai que ir con humildade”.
Con case un mes xa de traballo, Mata conta os días para o pistoletazo de saída da liga: “Está sendo unha pretempada dura fisicamente, tamén temos moito traballo táctico porque hai moitos xogadores novos e todos estamos desexando empezar a liga”, concluía o burelista.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
