Lugo. 28, agosto, 2018. O Grupo Provincial do PP denuncia que a Deputación de Lugo difunde información sesgada a través das súas redes sociais ao anunciar obras por importes superiores aos de adxudicación e actuacións nunha vía cando en realidade se refiren a tres estradas. Os populares lamentan que o Goberno que dirixe Darío Campos trate de enganar así aos veciños cando as cifras son públicas atendendo á normativa vixente.
É o caso, precisan, da información ofrecida o pasado 26 de agosto a través do Facebook institucional da Deputación de Lugo sobre a intervención na estrada que une A Pontenova coa Fonsagrada, unha actuación recollida no Plan Provincial de Estradas que promoveu o PP.
Os socialistas sinalan, como pode verse, que esta obra contou cun orzamento de 340.000 euros, cando, segundo se pode comprobar na Plataforma de Contratación do Sector Público, o obxecto de contrato que corresponde con esta contía inicial refírese ao arranxo de tres estradas:
PONTENOVA – FONSAGRADA.- Rehabilitación firme LU-P-1904 “De Fonsagrada A Pontenova, p.k. 12+975 – 15+750; LU-P-4805 “De Boulloso por Dudrín, a Filgueira, P.k. 0+800 – 3+700; LU-P-4808 “de Pontenova, por Vilauriz, á CN 640, p.k. 0+000 – 1+000”.
A maiores, en lugar dos 340.981,87 euros que citan, orzamento base de licitación, finalmente a actuación foi adxudicada por un importe de 231.867,46 euros, polo que están anunciando un investimento 109.114.01 euros superior ao que realmente se levou a cabo.
O Grupo Provincial do PP censura que presidente e vicepresidente boten man da publicidade enganosa e traten de vender a intervención nunha estrada cando en realidade as obras se refiren a tres vías e que ademais mintan con descaro sobre o investimento levado a cabo na información que facilitan á veciñanza.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



