Acabamos de ver nos medios informativos unhas declaración do alcalde de Burela sobre o bo estado da economía municipal, atribuíndose a paternidade da mesma sen ningún rubor. Se non sorprende que o alcalde non se poña colorado por nada, si sorprende que as contas do Sr. Llano non cadren coas da Sra. Otero, a súa concelleira de Economía.
O Sr. Llano di que o superávit do Concello é de 700.000 euros e que o remanente de tesourería é de “máis dun millón de euros”… Non hai moito tempo, un par de meses, a Sra. Otero falaba dun superávit de 793.000 euros e dun remanente de máis de 2’6 millóns de euros. Que saibamos, estas dúas persoas deberían manexar os mesmos datos, polo que temos que concluír que un dos dous minte (ou os dous…). Ou nun par de meses unha boa pila de cartos se foron polo río abaixo, como di a canción. Porque é evidente que a diferenza é considerable aínda no caso de 93.000 euros máis ou menos, pero xa non digamos entre “máis dun millón de euros” e 2’6 millóns de euros.
Polo tanto, o alcalde e a Sra. Otero deberían aclaralo con pelos e señales, porque xa hai cidadáns que se deron conta dos datos e pensan que hai algo que non cadra…
Atribuírse a débeda cero coas entidades financeiras, como fai o alcalde, é doado. O crédito da débeda herdada do antigo Concello de Cervo tiña data de vencemento (blindada, por outra parte), o 30 de xuño de 2017, tanto cos gobernos do PP coma cos demais e, polo tanto, a obriga do Concello de Burela de consignar as amortizacións anuais pertinentes nos sucesivos presupostos. O alcalde, polo tanto, non fixo nada que non se contemplara desde 1995. E o PP, entre xuño de 2011 e xuño de 2015, amortizou 1.639.000 euros.
Volvendo ao superávit e ao remanente, queremos dicirlle ao alcalde que co PP o remanente de tesourería a 31 de decembro de 2013 foi de 1.386.911 euros e a 31 de decembro de 2014, de 1.605.599 euros. É máis, o resultado orzamentario a 31 de decembro de 2014 era positivo, ou sexa, con superávit, en 498.597 euros.
Non vemos motivo ningún para que o alcalde se vanaglorie de nada. Xa lle viñeron facendo o traballo antes… Iso si, o actual alcalde foi o que deixou, en xuño de 2011, 1.300.000 euros en facturas sen pagar… Non sexa o demo que cos datos que agora manexa lle afecte a calor do verán e volva ás andadas…
GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



