Alfoz, 11 de agsoto de 2018. Poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, debendo aportar os participantes o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
O xurado, formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas relacionados co mundo da pintura, valorará de forma individual puntuando os traballos de 1 a 10 e sumando posteriormente as puntuacións.
Os premios na categoría sénior serán: para o primeiro un bono de 200 euros máis trofeo; o segundo recibirá un trofeo máis maletín de pintura, e o terceiro un trofeo máis lote de pinturas. Haberá un premio para o pintor local de trofeo máis maletín de pintura. Na categoría infantil, o primeiro recibirá un bono de 100 euros máis trofeo; o segundo trofeo máis maletín de pinturas e o terceiro trofeo máis lote de pintura. Tamén haberá premio para o pintor local con trofeo máis maletín de pintura.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



