Lugo, 2 de agosto de 2018. Un ano máis a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG), a través da comisión de artesáns, achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a “XXV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional”; unha edición moi especial, xa que se cumpre o seu 25 aniversario.
Esta mostra, consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde tod@s @s amantes da nosa cultura poden gozar de dous días cheos de festa e ademais coñecer de preto o gran traballo de mais de 30 artesáns e artesás que nos traen unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas, violíns,…
Nesta nova edición volvemos a poñer o acento no recoñecemento d@s artesáns que co seu traballo minucioso e preciso fan posible que a artesanía dos nosos instrumentos tradicionais sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.
Como nas pasadas edicións, na mostra non faltará ademais a música e o baile tradicional, que estarán presentes durante a fin de semana a través de actuacións en directo e obradoiros.
“XXV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional”.
A apertura da Mostra comezará co pregón a cargo de Xan Silvar, o sábado ás 17:00 h. en compaña do grupo Raparigos. Xan Silvar (Ferrol, 1953). Biólogo, profesor e, sobre todo, gaiteiro. Fundador con Carlos Cabrera de RAPARIGOS. Ten gravado coa Polifónica da Bazán, o Orfeón Terra a Nosa e con Emilio Cao. O grupo Raparigos xurde con Cabrera e Silvar, alumnos de Constantino Bellón que encetaron o grupo na Ascensión de 1968. Virían logo 1º premios no San Froilán, Lugo (1968 e 1974), en Santiago (1969, 1974), onde tamén levaron un 2º (1972) e un 5º (1973) con Ángel Muñoz no tambor. En 1977 Xavier R. Fariñas e Rafa Victoria substitúen a Cabrera e Trillo, bombo. Levan en Ponteareas un 1º (1977) e un 2º (1980).
Os concursos foron tan importantes como as romarías para a formación do grupo. Asiduos nos festivais (Ortigueira 1979, 81, 87; Pontevedra, Castrelos 1979) encetan unha longa lista. En 1992 representan a Galicia na Expo de Sevilla. A partir do 1983 RAPARIGOS xiran, por Francia e Gran Bretaña, percorrendo boa parte do seu circuíto folk. Tamén tocan en España e Portugal. Nesta época incorpórase Antón Varela. Ramón Dopico tomas as baquetas en 2011. Gravaron en 1981 coa Ed. RUADA Gaiteiros Galegos Vol.1 e con SONS GALICIA Tempero entre amigos en 1991.
Unha vez rematado o pregón continuamos a festa co concerto de Maraghotas as 18.00 horas, un cuarteto resultado de xuntar diferentes experiencias musicais cunha única vontade: crear música galega. O seu proxecto busca transformar en enerxía todo o que está ó seu alcance: gaitas, percusións, clarinete… Non cren nas fronteiras, e por iso mesturan ritmos, timbres e texturas, ó tempo que parten daquelas melodías de tradición oral que chegaron ata nós. Mulleres con ganas de transmitir o que é para elas a música: iso é o que son Maraghotas.
Ás 19.30 horas, será o momento de coñecer @ afortunad@ co boleto gañador do sorteo do tambor, xenerosidade do artesán Manels Percusión, quen doará o instrumento.
A xornada do domingo iniciarase ás 11:30 horas coa apertura da mostra, seguido ás 12:30 horas dun Obradoiro de Treboada da man do artesán e gaiteiro Oli Xiráldez, no que teremos a oportunidade de desfrutar e coñecer mais sobre esta formación instrumental típica da comarca do Baixo Miño, formada orixinariamente por unha gaita de barquín, un tambor e un ou dous bombos de grandes dimensións, e que se foi modificando, aumentando o número de bombos, e substituíndo a gaita de barquín pola de sopro directo.
Xa pola tarde, ás 18.00 horas terá lugar o Obradoiro de Baile Tradicional, con Gustavo Couto (Compostela, 1983), membro do grupo de baile do OCT Ultreia dende 1996, sección que dirixiu dende o 2009 ata 2017. Mestre de baile tradicional dende 2003 de distintos grupos e escolas, é tamén coautor dun Libro-DVD de autoaprendizaxe do baile tradicional chamado Bailabén, editado por Edicións do Cumio.
E xa para rematar a xornada da tarde, ás 19.30 horas realizaremos o sorteo dunha gaita de buxo feita e doada por “Os Canallas”. Un traballo colaborativo de Alberto Pires, Oli Xiráldez, Queima, Afonso Castro e Patricia González.
Ademais das actividades previstas disporemos dun escenario libre durante os dous días para músicos que desexen tocar ou artesáns que queiran facer algunha demostración.
A mostra permanecerá aberta ao público durante toda a fin de semana, cun horario de 17.00 a 21.30 o sábado, mentras que o domingo será de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas.
Todas as actividades, terán lugar no recinto do Festival de Pardiñas que organiza a A.C. Xermolos de Guitiriz.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



