Foi organizada pola Concellería de Deportes para despedir o verán e as escolas deportivas que se desenvolveron durante a época estival. Do 2 de xullo ao 24 de agosto ducias de nenos e nenos disfrutaron de patinaxe, multideporte, xogos tradicionais, bicicleta, baloncesto e xogos na praia. Ramiro Fernández Rey dixo que “deste xeito queremos despedir as escolas e o verán. E a verdade é que o están a pasar moi ben os rapaces e rapazas que viñeron hoxe ata a praza do Concello”.
