É moita a mitoloxía e a tradición que fala de guerreiros que vencen batallas despós de mortos, sen ir máis lonxe a batalla de Alcocer disque foi vencida polo Cid xa morto.
É un feito simbólico adicado a unha victoria de xente xa retirada de moitos dos eidos do día a día que consideran poden voltar co éxito renovado. Mais moi mal ten que estar a política dalgunha cidade galega, para que o actual e “renovado” PSOE recurra a esta práctica, con figuras importantes no seu día e coido eu xa amortizadas. Que se entenda ben que eu non digo que os señores Bugallo e Laxe sexan dous difuntos, non. Mais quizais si poiderán ser uns zombies políticos. Bugallo leva 7 anos fora da acción política da Capital e Laxe pois o éxito relativo foi ven lonxe no século pasado entre 1987 e 1990. Os que nacián aquel ano xa teñen nas eleccións 29 anos, e votaron unhas cuantas veces.
Esta é a renovación da que fala o PSOE de Galicia? Claro dirán experiencia, acaso non temos xente nova preparada? Ou máis ben non ten o PSOE mellores cadros?
O que realmente sorprende, e deixa bastante mal ós gobernos do “cambio”, é que póidan ter opcións de éxito contra aqueles que viñan a múdalo todo, case pode ser un fito de aquello que dí: alguén virá que bo me fará. É no fondo una situación que fala ás claras de que Galicia precisa outra cousa, as segundas partes xa se sabe o que dín … e a maiores os actuales rexedores xa vemos como son cando se pretende, con opción a, retraer a acción política a moitos anos atrás valorando o éxito, algo da túa xestión falla.
O problema de fondo non é outro que o PSOE está lonxe da realidade da xente e das ciudades, lonxe dos obreiros e da clase traballadora, lonxe do progreso de Galicia, este é o síntoma claro, ou alguén pensa en que estas persoas son portadoras de novas ideas? As tutelas de Madrid marcan moito a acción de moitos partidos e confluencias, mais nada boas son para o avance de Galicia, precisamente o camiño ten que ser o contrario.
De todos xeitos é de recibo desexar sorte a estes novatos da política galega e ver que aire fresco traen para os debates e a visión de futuro das cidades. Esta xente que non esta moi ó día de Facebook e Instagram, pero seguro aplicaran de bo grado as instrucións do líder madrileño Pedro Sanchéz, convertido nunha sorte de Kenedy español, que pouco ou nada pensa en Galicia.
Galicia precisa de menos espectáculo, e máis política galega, menos portadas e máis camiño galeguista, máis pisar País con pés na terra e xente nova.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



