Burela, 3 se setembro de 2018. Arredor de 4.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Burela en agosto. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, fai unha valoración positiva destes datos e subliña que a ocupación hostaleira nas tres primeiras semanas do mes foi do 100%. Ademais 1.500 turistas visitaron o barco museo, un atractivo turístico que o Concello seguirá a potenciar de cara ao vindeiro ano, ao igual que as rutas á lonxa.
O edil burelés declarou que “a nosa valoración é positiva. Seguimos incrementando os visitantes tanto en Burela como na Mariña, ese é un dato importante e hai que seguir traballando nesa dirección”.
Ramiro Fernández Rey sinalou que “neste mes de agosto na oficina de turismo de Burela atendéronse máis de 4.000 persoas e este é un incremento moi importante desde o momento que nosoutros chegamos ao goberno de Burela. Temos que recordar que no 2015, en agosto estabamos falando de 1.500 ou 1.600 persoas e agora son máis 4.000 persoas. Isto demostra que a Mariña está tendo unha proxección turística importante e que en Burela cada vez nos visitan máis, o que quere dicir que se está facendo un bo traballo no aspecto turístico”.
O concelleiro de Turismo engadiu que “contactamos cos hoteis e a ocupación neste mes de agosto, sobre todo nas tres primeiras semanas, foi do 100%. Baixou un pouquiño na última semana, pero segundo nos comentan os hostaleiros temos que felicitarnos por estes datos e o sector hostaleiro está contento coa ocupación que tivo ademais tendo en conta que no mes de xullo non se cumpriron as expectativas que os hostaleiros tiñan postas nese mes”.
As estatísticas reflicten que das 4.025 persoas que demandaron información na oficina de turismo de Burela durante agosto 1.636 procedían de Madrid, 539 de Galicia, 430 de Castela-León e 273 do País Vasco, entre outras comunidades. Ademais 100 persoas de nacionalidade estranxeira pasaron tamén por Burela procedentes de Francia, Italia, Portugal, Suiza, Inglaterra, Brasil, Eslovenia, México ou Miami.
Fernández Rey engadiu: “sobre as iniciativas do Concello, tanto as rutas xeolóxicas como a da lonxa, foron un auténtico éxito. Destacar sobre todo as rutas á lonxa que foi tal o éxito que nos deixou un pouco sorprendidos. Estiveron cubertas ao cen por cen, e é unha iniciativa que temos que valorar ampliala de cara a outros anos porque é un atractivo moi importante para a xente. As rutas xeolóxicas están funcionando perfectamente. O barco museo dentro dos seus números tamén está funcionando moi ben, con máis de 1.500 visitas durante este mes de agosto, co cal estamos cumprindo coas expectativas que tíñamos postas neste museo flotante e seguiremos traballando para potencialo porque a xente que o visita sae realmente encantada”.
O concelleiro de Turismo de Burela fixo fincapé en que “é un balance moi positivo. Temos que seguir traballando nesta liña. Penso que os datos demostran que o traballo que se está facendo é bo, e destacar que a Mariña está tendo un grandísimo tirón e Burela se está beneficiando de todo iso”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



