Viveiro, 4 de setembro de 2018. As obras incluídas no proxecto denominado “Reposición e mellora do firme nas rúas denominadas Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya no núcleo urbano de Viveiro (Lugo)” están finalizadas.
Estas obras, que se iniciaron a mediados do mes de xullo, enmárcase nas actuacións municipais de mellora nas zonas urbanas do municipio, procedendo á rexeneración de pavimentos deteriorados pola antigüidade e desgaste dos mesmos, e que o seu uso actual demanda unha intervención no mesmo. Os viais nos que se actuou atopábanse pavimentados por lousa de formigón armado e rego asfáltico, atopándose o firme moi deteriorado.
A actuación que se levou a cabo consistiu nunha mellora dos referidos viais, mellorando a capa de rodadura mediante a aplicación de aglomerado en quente de 10 cm de espesor medio. Fíxose limpeza de cunetas e as obras de albañilería necesarias para elevar as tapas de rexistro existentes de pozos, sumideiros, etc.
O presuposto de contrata desta obra ascende a 57.632,46 € e foi financiado integramente pola Deputación Provincial de Lugo; grazas ao ente provincial foi posible executar estas obras, de gran necesidade para o municipio, que foran solicitadas á Xunta de Galicia en 2017 e non estimadas, ao non conceder a este concello a puntuación necesaria.