Cervo 3-9-18. José Luis Moñita solicita unha posición común de todolos sindicatos no caso de Sargadelos asi coma a axuda dos socios minoritarios..
A resposta desmedida do Señor Segismundo a solicitude feita pola representante sindical da UGT da paga extraordinaria de beneficios que por convenio lle corresponde aos traballadores, seguro que obedece a un plan orquestado dende fai tempo polo administrador único de Sargadelos.
A visión empresarial do señor Segismundo corresponde coa de moitos empresarios, cando as cousas van mal reducimos salarios, aumentamos horas, non cotizamos a seguridade social por elas… e cando hai beneficios non melloramos as condicions e non os repartímos cos traballadores. Visto así a crise venlles moi ben.
Non podemos entrar na xestión empresarial dunha empresa privada pero si que DEBEMOS entrar na defensa dous dereitos fundamentais dos traballadores e na defensa dos ingresos do estado. Segundo as informacións recollidas por min persoalmente con diversos traballadores e entrevistad@s , négaselles aos traballadores o dereito constitucional de afiliación a un sindicato e ademáis deben regalar horas extraordinarias de forma totalmente gratuita a empresa. Concretamente unhas dás ofertas para unha quenda de tarde era contrato por 4 horas, 6 horas de traballo real e salario bruto próximo aos 700€ . Nesta pelexa xóganse moitos dereitos e dende TODOS os sindicatos e traballadores no o podemos permitir.
Solicitámos a todolos sindicatos dá mariña que secunden a posición de Rogelia e dá UGT ao marxen dás siglas porque de ceder aquí, moitos seguirán este camiño.
Dende o punto de vista cultural, xa que Sargadelos non deixa de ser unha empresa privada, non podemos facer nada en canto a orientación que para ela deciden os seus propietarios, agás criticar que se utilice a marca “Sargadelos” (orgullo do pobo Galego) para vender bolsos manufacturados en Andalucía, pratos de vidro feitos en Portugal, teas que non sábese de onde veñen, etc..
Pero neste aspecto si que podemos solicitar aos socios minoritarios dá firma que realmente creen que Sargadelos e algo moito mais grande que a visión que ten o seu actual administrador, que en base ao recoñecido incumplimento de mais de 262 normas que fai a compañía segundo o señor Segismundo, denuncien a este por administración desleal e o aparten dá dirección e nomeen a outro xestor que reconduza a situación.
Temos que facer un chamamento a este socios minoritarios; Sargadelos é Galicia, Sargadelos é precursor nos dereitos dos traballadores e no afianzamento dá poboación rural, Sargadelos é cultura, Sargadelos e moi moi grande..
Sargadelos non pode derivar en explotación dos traballadores e en un todo a cen. Dende CxG ofrecemoslle todo o apoio que precisen.
Por último solicitamos as forzas políticas de Cervo, excepto ao PP, que se unan na defensa dos dereitos dos traballadores e que salgan do seu silencio co cal únicamente axudan a propagar o medo entre os traballadores, favorecendo os intereses de Segismundo.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



