A Mariña. 14, setembro, 2018. Os empresarios de A Mariña manifestan a súa preocupación ante o anuncio do Goberno Central de aplicar un novo imposto ao diésel. Así llelo trasladaron ao portavoz adxunto do Grupo do PP no Congreso, Jaime de Olano, e ao deputado autonómico Daniel Vega, en dous encontros que mantiveron este venres con representantes do tecido empresarial da comarca cos que dan continuidade ao camiño iniciado fai uns meses de facer unha política porta a porta baseada no contacto directo cos cidadáns.
Os populares, que escoitaron as inquedanzas dos empresarios, aseguran que “son os emprendedores e a xente traballadora os que sufrirán esta suba de impostos anunciada polo Goberno de Pedro Sánchez”. Nese senso, os populares manifestan o seu rexeitamento ante “os prexuízos que lles poden causar ás familias e aos traballadores autónomos que non poden acollerse ás devolucións por gasóleo profesional”, pois segundo se estima este incremento a uns 18.000 vehículos en España.
17 millóns de euros mobilizados polo Igape
Os populares destacaron en sendas reunións o compromiso da Xunta co sector a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), adscrito á Consellería de Economía, Emprego e Industria, que permitiu mobilizar no 2017 preto de 17 millóns de euros coa resolución de 571 solicitudes de apoio a empresas a través dos distintos programas.
De feito, foron outorgadas axudas directas por valor de 3,6 millóns de euros, concedidos préstamos a empresas por valor de 1,8 millóns de euros e avais ao tecido empresarial da provincia por importe de 516.250 euros. Pero, ademais destas ferramentas, o Igape tamén realiza labores de asesoramento atendendo ao seu obxectivo de facilitar os procesos de creación, consolidación e crecemento de empresas.
Os populares poñen en valor estes instrumentos cos que “a Xunta trata de seguir contribuíndo a que Lugo sexa capaz de seguir medrando e xerando emprego de calidade”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



