Foz, 10 de setembro de 2018. Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.
Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID Consort.

Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, da Xunta: unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño
- Anterior
O Concello de Ribadeo suspende temporalmente a recollida do cartón porta a porta. A empresa que prestaba este servizo, Soil Recovery, deixou de facelo e tampouco recolle o lixo dos contedores amarelos. Jorge Díaz Freije subliñou que “estamos traballando para volver á normalidade o antes posible”