Burela 20-9-18. Pouco máis dunha semana queda para o comezo do espectáculo de Primeira RFEF. O Pescados Rubén Burela FS arrincará a liga con derbi irmandiño a domicilio. Será o sábado 29, na casa do Viaxes Amarelle (Sagrada Familia, A Coruña, 18.00 horas). Será o inicio dunha tempada na que as Guerreiras Laranxas irán a por todas: “Temos claro que o Pescados Rubén fixo un grande esforzo e nós imos loitar por todos os títulos. Queremos ser campioas de liga. Sabemos que a tempada é moi longa e que vai ser duro; poñeremos o esforzo cada semana e en cada partido para iso”, explicaba Joziane de Oliveira, cunha década de experiencia na rede laranxa, acompañada polo presidente, Manuel Branco, e o directivo, Auditor Rodríguez.
A porteira brasileira, a máxima coñecedora do vestiario mariñán, comeza unha tempada máis “con moita ilusión coma sempre” co valor engadido dun proxecto avalado pola experiencia e a calidade contrastada: “Este ano temos un grupo moi sólido, repleto de boas xogadoras, xogadoras con experiencia, internacionais do Brasil, España, Portugal. Hai moitas expectativas postas nesta tempada” aseguraba Jozi, na recta final dunha pretempada que deixa moi bo sabor de boca: “Traballamos bastante, xogamos moitos partidos esta pretempada. As sensacións son boas. O equipo medrou cada partido, imos mellorando en moitas cousas, nas ideas de xogo dos nosos adestradores, nas estratexias…”.
Clausura de amigables en Poio
A presentación do Poio Pescamar FSF, mañá, clausurará a axenda de amigables de pretempada para o Pescados Rubén Burela FS (21.00 horas, municipal de Poio). “Será un encontro bonito e moi disputado. É un partido de presentación, pero na casa dun rival que o ano pasado nos arrebatou títulos; será un bo termómetro para poñer a proba todo o que estamos traballando. Ademais será o primeiro encontro no que poderá estar todo o equipo; foi unha pretempada con ausencias, con compañeiras nas seleccións polo Preeuropeo” puntualizaba a brasileira, mirando á liga xa e tamén ao gran rival de Primeira: “Por traxectoria e resultados, o Atlético de Madrid é o rival a bater, non só por títulos senón por fortaleza; mantiveron o bloque e reforzáronse”, concluía a 1 laranxa.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
