Burela, 10 de setembro de 2018.- O presidente da Xestora do PP de Burela, Manuel Rouco, pon en valor o compromiso da Xunta de Galicia para a creación de emprego no municipio, e que se demostra na aportación de 250.000 euros, a través de distintas axudas que vén de conceder a administración autonómica á entidade local.
“A aportación en Burela é moi destacada. Ademais, en certos casos, axuda á formación específica do traballador, polo que desde o PP de Burela non podemos menos que valorar positivamente a mesma e agradecerlle á Xunta a súa colaboración”, afirma.
Rouco destaca que, con esta iniciativa, durante este 2018 o Concello creará un total de 31 postos de traballo. Así, 10 persoas con Renda de Integración Social (RISGA) teñen contrato de traballo por sete meses durante o verán. Ademais, a Xunta aportou fondos para contratar 7 socorristas; a brigada contraincendios conta con 5 traballadores durante tres meses; contratouse unha orientadora laboral por doce meses e, con cargo a un obradoiro compartido con Xove e Cervo, o Burila contará en exclusiva con sete alumnos e un monitor durante, alomenos, nove meses.
As axudas ao detalle
O presidente da Xestora local do PP considera que a aportación económica da Xunta é importante: 84.835€ para os dez traballadores da RISGA; 24.344 para os sete socorristas; 22.731€ para os cinco membros da brigada contraincendios, e 25.000 para a orientadora laboral. Un total de 156.910€, aos que hai que sumar uns 90.000€ do obradoiro compartido con Cervo e Xove. “Ou sexa, cerca de 250.000€; cifra que sería superior se se lle suma a parte correspondente do obradoiro compartido con Xove e Cervo, recentemente rematado, ascendendo a contía anterior ata os 340.000€”, puntualiza Rouco.
Do total de postos mencionados, trinta están subvencionados ao 100% polo goberno popular da Xunta de Galicia, sendo o posto ocupado pola orientadora laboral o único que recibe unha aportación parcial por parte do Concello de Burela.
“Isto supón que a entidade loca vai a reforzar qo longo do presente ano en máis dun 30% o seu cadro de persoal grazas ás aportacións directas da Xunta de Galicia ás políticas de emprego locais e, contrastando estes datos coas aportacións que a este particular fai o actual goberno socialista, supostamente amigo da Deputación de Lugo, os datos son demoledores, pois apenas chega ao 30% da contía aportada a este respecto polo goberno popular da Xunta de Galicia”, remarca o presidente da Xestora.
Manuel Rouco entende que “o alcalde non publicita con demasiado entusiasmo estas cifras e estas contratacións, que son moi importantes para o noso concello. Por eso, desde a Xestora do Partido Popular de Burela facemos públicos estes datos para xerar coñecemento, recoñecendo a importancia dos mesmos e agradecendo á Xunta tales aportacións”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



