Mondoñedo, 4 de setembro de 2018.- Mondoñedo acollerá este venres 7 de setembro a cuarta edición da Festa da Xuventude. O concelleiro Alberto García explicou durante a súa presentación na que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que este departamento autonómico “sufraga integramente” a celebración que se desenvolverá na praza do Concello despois do festival “Mamá quero cantar” que comezará ás dez da noite.
Esta cuarta edición da Festa da Xuventude contará coa música de Hugo Torreiro e Carlos Bau que se unen no espectáculo denominado #DosEnPunto a través do que repasan os grandes éxitos da música pop española: dende Camilo Sesto a Los Suaves pasando por Alaska, Amaral ou Georgie Dann. A festa rematará cunha sesión dj.
A cita da comezo ás festas na honra á Virxe dos Remedios que se celebran na cidade mindoniense entre o propio venres 7 e o luns 10 de setembro.
Carpa informativa ‘Xplora Xuventude’
Tamén estará aberta na praza do Concello a carpa ‘Xplora Xuventude’ de información xuvenil e asesoramento a todos os mozos e mozas que se acheguen ao recinto entre as oito do serán e as dez da noite.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



