Ribadeo, 27 de setembro de 2018. O Concello acolleu a presentación dunha nova edición dos obradoiros de emprego. Hoxe iniciouse a segunda edición do denominado DOC-TIC, que xa se celebrou o pasado ano.
Nesta ocasión mantense a especialidade de Produción Fotográfica, e introdúcese a de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais.
Os custes das contratacións temporais, que se formalizan cos participantes, contan coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e son cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91´89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020.
O Concello de Ribadeo promove estes obradoiros de emprego “cos obxectivos de implementar actuacións para contrarrestar os problemas de emprego que afectan a distintos colectivos como empregados de longa duración ou mocidade, facilitándolles formación e práctica laboral coas que afrontar a busca de emprego. Neste obradoiro daranse a coñecer as prácticas administrativas, as funcións dun organismo e as posibilidades da imaxe e as novas tecnoloxías aplicadas á xestión documental. Outro dos fins deste obradoiro está en facilitar ao Concello e aos seus traballadores o cumprimento do servizo público que teñen encomendado, xa que as labores de organización, descrición e dixitalización de documentos permiten unha xestión máis áxil e segura. E finalmente está o aspecto cultural de aprecio ao patrimonio e salvagarda das testemuñas da actividade de persoas e institucións que explican a historia de Ribadeo e o seu desenvolvemento”.
Cos participantes neste novo obradoiro de emprego estiveron esta mañá responsables da Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo e o alcalde, Fernando Suárez Barcia.





















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



