Foz, 15 de setembro de 2018. O Concello de Foz está realizando labores de limpeza no Castro de Lelle, ou Castro das Engrobias, baixo a supervisión dun arqueólogo para poñer en valor o xacemento. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta a importancia desta actuación polo preto que se atopa da basílica de San Martiño. O rexedor subliña que no actual mandato municipal levouse a cabo unha gran aposta pola recuperación e posta en valor do patrimonio cultural do concello.
Javier Castiñeira explicou que “durante esta semana estase procedendo á limpeza do Castro de Lelle, ou das Engrobias, en San Martiño. Puidemos apreciar xa o avance desa poda na visita que fixemos e estamos encantados cunha acción máis para seguir promovendo o patrimonio histórico do noso concello. Neste caso é a posta en valor do castro de Lelle, que nos parece importantísimo, xa non só porque se atopa nun estado moi bo de conservación, ten unha muralla importante, un recinto ben conservado e unha fosa de grandes magnitudes, senón que ademais está moi pretiño da basílica de San Martiño, a case 500 metros, e iso vai facer no seu momento un conxunto histórico moi importante, non só para Foz senón para toda a Mariña”.
O rexedor focense salienta que “estes traballos de limpeza estanse facendo baixo a supervisión dun arqueólogo, que é o que está marcando as pautas de cómo se debe traballar nese castro. A idea é limpalo de madeira e de rastroxos para deixar á vista as murallas”.
Castiñeira asegura que “estamos contentos porque nesta lexislatura fíxose unha aposta fundamental polo patrimonio. Conseguimos nomear Ben de Interese Cultural o castro de Fazouro e conseguimos poñer en valor o Castelo da Frouxeira, mellorando os seus accesos e coa súa limpeza. Tamén fixemos unha aposta fundamental por San Martiño creando o centro de interpretación e agora poñendo en valor o castro de Lelle”.
O alcalde subliña que “podemos denominar esta lexislatura como a da aposta polo importante patrimonio focense que temos e que vai culminar coa limpeza deste castro tan importante para o noso concello e para a nosa historia, que é o castro das Engrobias ou de Lelle”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



